Viana do Bolo, torre da homenaxe de

Viana do Bolo, torre da homenaxe de

Construción situada en Viana do Bolo. Formaba parte dunha fortaleza medieval que en 1180 foi reconstruída polo Rei Fernando II. Construíuse con granito e presenta unha planta cadrada. Exteriormente dividíase en tres tramos e leva un remate ameado. O soto cubriuse cunha bóveda de canón e reforzouse con tres arcos faixóns apuntados. Ademais da torre, consérvanse as portas de entrada ao antigo patio de Armas e ao patio de Honor. No exterior tamén se conservan parte das murallas que rodeaban a fortaleza e unha pequena torre cilíndrica defensiva. Foi cárcere durante a Guerra Civil e posteriormente converteuse en museo e sala de exposicións. Foi declarada BIC en 1949.

Palabras veciñas

Viana de Cega | Viana do Bolo | Viana do Bolo | Viana do Bolo, torre da homenaxe de | Viana do Castelo | Viana do Castelo | Viana, comarca de