"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Deporte en que dous xogadores golpean unha pelota pequena de goma contra un frontón de catro paredes, utilizando unha raqueta de mango longo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pastor de ovellas que, en Australia, ao comezo do s XIX ocupaba terras públicas para alindar o gando. Os seus descendentes forman unha especie de aristocracia conservadora.

    2. Individuo que ocupa ilegalmente unha vivenda baleira. Os movementos de squatters iniciáronse na década de 1970 en Reino Unido, Países Baixos e Alemaña Federal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estación de deportes de inverno situada no estado de California, EE UU, ao N de Sierra Nevada. Foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo supercondutor de interferencia cuántica, que permite detectar campos magnéticos moi débiles. É de grande utilidade para o estudo do magnetismo do cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de cousas actual.

    2. Estado actual das estruturas sociais ou políticas dunha sociedade concreta, así como a súa continuidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno cúmulo de galaxias da constelación de Pegaso. Está composto por cinco galaxias de grandes dimensións, das que dúas son elípticas, dúas espirais regulares e a quinta unha espiral cerrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarcosindicalista. Carpinteiro de profesión, foi membro de La Emancipación e da Federación Local Obrera. Implicado no asasinato do presidente da patronal coruñesa en 1906, trasladouse a Gijón, onde dirixiu o periódico Tiempos Nuevos. Marchou a Francia e adoptou o nome de Celso Dotet e, desde alí, popularizou os logros do sindicalismo revolucionario francés nas crónicas publicadas en La Voz del Obrero (1910-1915). Participou no Congreso Sindical de Londres (1913) e na Conferencia Nacional Anarquista de Barcelona (1918). Regresou á Coruña en 1920 e foi elixido secretario da CRG en 1922. Escribiu a obra de teatro Una sociedad que muere (1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico estomatólogo. Recibiu o Premio da Sociedad Española de Estomatología e da Real Academia Nacional de Medicina. É autor de numerosos artigos e traballos en ortodoncia. Académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirurgía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (2.510 km2; 403.945 h [2002]). A súa capital é Mazatenango (65.945 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • sucinil-CoA-sintetase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro. Organizou a competición do Paso Honroso sobre o río Órbigo do 10 de xullo ao 9 de agosto de 1434. Ao remate da mesma, peregrinou a Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e escritor. Protexido de Plinio o Mozo, foi secretario do Emperador Adriano. Escribiu De viris illustribus, biografías de homes de letras latinos e, cando redactaba De vita Caesorum, as biografías dos césares desde Xulio César ata Domiciano, caeu en desgraza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Océano Índico, Iemen, situada a 250 km do cabo Caseyr. A súa capital é Hadībū. É montañosa, con vales fértiles entre as serras e solos ricos ao longo das costas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Ordenouse sacerdote en 1940. Doutor en Sagrada Teoloxía pola Pontificia Universitá Gregoriana de Roma, foi bispo de Almería (1966-1969) e Málaga (1969-1973) e arcebispo de Santiago de Compostela (1973-1983) e Madrid (1983-1994). En 1985 foi elevado ao cardealado. Presidiu a Conferencia Episcopal Española (1987-1993). Desde 1994 é cardeal arcebispo emérito de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heinrich Seuse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de EE UU de 724 km de lonxitude. Está dividido en dous cursos, o do N nace no lago Otsego e atravesa o estado de Pennsylvania ata a cidade de Sunbury, onde se une coa corrente O, que nace nos montes Allegheny, e desemboca na baía de Chesapeake, no Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolsa ou estoxo que se emprega para gardar ou levar o tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao tabaco.

    2. Persoa que cultiva e adoba o tabaco.

    3. Persoa que comercia co tabaco elaborado.

    4. Pequeno oco que se forma na cara dorsal da base do primeiro metacarpiano, cando está en extensión e abdución, limitado lateralmente polos tendóns tensos dos extensores longo e curto do polgar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación aguda ou crónica que está producida polo tabaco. A intoxicación crónica caracterízase pola predisposición a diversos transtornos respiratorios, dixestivos, cardio-circulatorios e pola capacidade canceríxena. A intoxicación aguda caracterízase por alteración da respiración, diarrea, vómitos, vertixe, febre, frío nas extremidades e, en casos moi graves, cianose, colapso e parada respiratoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parede de pouco grosor que divide os cuartos dunha casa.

    2. División delgada e plana que separa dous ocos.

    3. División que separa dúas cavidades orgánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO