tabaquismo
tabaquismo
(< tabaco + -ismo)
s
m
[PAT]
Intoxicación aguda ou crónica que está producida polo tabaco. A intoxicación crónica caracterízase pola predisposición a diversos transtornos respiratorios, dixestivos, cardio-circulatorios e pola capacidade canceríxena. A intoxicación aguda caracterízase por alteración da respiración, diarrea, vómitos, vertixe, febre, frío nas extremidades e, en casos moi graves, cianose, colapso e parada respiratoria.