Tabard, Maurice
Tabard, Maurice
Fotógrafo francés. Emigrado xunto coa súa familia a EE UU (1914), interesouse pola arte e a fotografía, e entrou no New York Institute of Photography (1916) baixo a tutela de E. Brunel. Retratista dos estudios Bachrach (1922-1928), viaxou a París (1928) onde traballou como fotógrafo de moda (Harper’s Bazaar, Jardin des Modes e Vu), coñeceu o surrealismo e experimentou novas técnicas (solarización, fotomontaxe ou escorzos). A partir da década de 1950 traballou como freelance para Paris Match, Elle ou Marie Claire.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lyon -
Deceso
Lugar : Niza