Suárez Duque, Xosé

Suárez Duque, Xosé

Anarcosindicalista. Carpinteiro de profesión, foi membro de La Emancipación e da Federación Local Obrera. Implicado no asasinato do presidente da patronal coruñesa en 1906, trasladouse a Gijón, onde dirixiu o periódico Tiempos Nuevos. Marchou a Francia e adoptou o nome de Celso Dotet e, desde alí, popularizou os logros do sindicalismo revolucionario francés nas crónicas publicadas en La Voz del Obrero (1910-1915). Participou no Congreso Sindical de Londres (1913) e na Conferencia Nacional Anarquista de Barcelona (1918). Regresou á Coruña en 1920 e foi elixido secretario da CRG en 1922. Escribiu a obra de teatro Una sociedad que muere (1901).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso