"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Literato e científico. Discípulo de Galileo e de Torricelli, foi secretario da Accademia della Crusca. Escribiu Discorso dell’obbligo di ben parlare la propia lingua (Discurso sobre a obriga de falar ben a propia lingua, 1657).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Antecedente necesario que serve de base para chegar ao coñecemento dunha cousa ou para deducir as consecuencias dun feito.
-
Documento ou testemuño que se usa para probar ou acreditar algo.
-
-
Elemento coñecido (magnitude, figura, relación) a partir do que se ten que deducir o elemento descoñecido ou incógnita.
-
Resultado dun experimento, censo ou calquera clase de proceso estatístico.
-
-
Cada un dos grupos de operadores ou factores que consisten nun conxunto de cifras, caracteres alfabéticos ou símbolos que non denotan ningunha condición, valor ou estado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título de alta dignidade nalgúns países de Oriente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe latina formado a partir do participio do verbo dare. Foi un nome moi popular no norte de África e seguramente expresa a mesma idea mística ca Deodatus. Aparece moi cedo en documentos latinos, tanto baixo forma latina como baixo forma romance: “Dato” (doc ano 1010 en J. Mª Andrade Cernadas, O tombo de Celanova, 1995, p 588), “Datus” (derivado de Deusdado) (doc ano [1104] en M. Lucas Álvarez, El tumbo de San Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 220). Na época medieval tamén se documenta o patronímico Datiz que xa se perdeu. Leva este nome un bispo que se celebra o 3 de xullo. Actualmente tamén funciona como apelido patronímico.
-
GALICIA
Xurista e político. Licenciado en Dereito no ano 1875, comezou a publicar un ano máis tarde a súa propia revista xurídica, a Revista de Tribunales. Desde 1877 dedicouse á avogacía, ata ser elixido (1883) deputado polo Partido Conservador en Murias de Paredes (León). En 1892 foi nomeado subsecretario de Gobernación, posto no que se distinguiu polo saneamento que fixo da administración municipal madrileña. Foi nomeado en 1899 ministro de Gobernación, desde o que iniciou unha serie de reformas sociais. Restableceu a dirección xeral de Sanidade (1899) e promulgou leis sobre accidentes laborais e protección do traballo de mulleres e nenos. En maio de 1900, ditou unha lei pola que se lles obrigaba aos institutos de ensino secundario a impartiren clases nocturnas e de balde para os obreiros. Como ministro de Gobernación (1900) e de Gracia e Xustiza (1902) promulgou a Lei de Bases da Administración Local, emprendeu a reforma do sistema penitenciario (tratamento individualizado dos penados, regulación...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poetisa. Colaborou en diversas revistas e en El Heraldo Gallego. Publicou La letanía lauretana (1878), Penumbras (1880), Romances y cantares (1885), Follatos (1891) e Fe (1911). Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1907.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título concedido por Afonso XIII en 1921 a María del Carmen Barrenechea y de Montegui, viúva de Eduardo Dato Iradier.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Borosilicato hidratado de calcio, de fórmula CaBSiO4(OH). Cristaliza no sistema monoclínico e os cristais poden ser incoloros, brancos ou amarelos. Ten dureza 5-5,5 e peso específico 3.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Anhui, China, na rexión do Leste (798.319 h [1990]). Nos seus arredores localízase o conxunto de templos budistas do Yungant.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xesuíta francés. Foi reitor do colexio dos xesuítas en Estrasburgo e destacou como predicador. No 1700 foi designado confesor de Filipe V polo seu avó Luís XIV. Interveu nos asuntos políticos do reino ata que caeu en desgraza fronte ao partido da princesa dos Ursinos e tivo que volver a Francia (1705). Exerceu novamente como confesor real dende 1716 ata a súa morte, suceso vinculado cunha intriga na que participou o rexente francés, o duque de Orléans.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista francés. Colaborou con Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon, nas descricións anatómicas de mamíferos da Histoire naturelle (Historia natural, 1749-1804) e interveu en diferentes intentos de aclimatación de animais domésticos exóticos en Francia. Foi o primeiro director e catedrático de Mineraloxía do Muséum National d’Histoire Naturelle.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, debuxante, gravador e escultor francés. Era fillo dun vidreiro e trasladouse coa súa familia a París en 1814. Estudiou no obradoiro do pintor A. Lenoir e na Académie Suisse. Comezou a traballar como litógrafo en La Silhouette (1830) e La Caricature (1831-1834), onde realizou gravados satíricos contra o Rei Luís Filipe que o levaron ao cárcere. Cando a censura pechou La Caricature, o xornal cambiou o nome polo de Charivari, e nel continuou publicando os seus debuxos. Entre as súas litografías destacan Le ventre législatif (O ventre lexislativo), Le rue Transnonain (A rúa Transnonain), La liberté de la prese (A liberdade da imprenta) e L’enterrament de La Fayette (O enterro de La Fayette). En 1832 realizou unha serie de bustos satíricos en xeso encargados por Philippon, entre os que salienta O señor Guizot. Das súas esculturas, sarcásticas e caricaturescas, destaca Ratapoil (1850), na que simbolizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canción de xesta occidental relacionada co ciclo carolinxio da que se conservan os 2.200 primeiros versos. Escrita ao norte de Aquitania a finais do s XII, é a transposición da lenda épica anglonormanda Beuve de Hanstone. Presenta un carácter arcaico que se reflicte nos trazos de maxia e crueldade e, paradoxicamente, implica unha certa innovación social posto que trata a exaltación do plebeo.
-
PERSOEIRO
Rei de Xeorxia (1089-1125), fillo de Xurxo II. Aproveitou a primeira cruzada e a decadencia turca para reconstruír cidades e repoboar extensas comarcas. Foi o primeiro dos soberanos de Xeorxia que tivo exército permanente. Conquistou Tbilisi (1121) e o seu reino estendíase dende o Mar Negro ata o Caspio e dende o Cáucaso ata Armenia, logo de ocupar a súa capital, Ani, en 1123. Fixo importantes reformas na xustiza, na Igrexa e no exército, e foi un gran protector das artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, marqués de Velada e de San Román. Foi gobernador de Orán, dos Países Baixos e Milán, e embaixador en Londres. Volveu a España en 1646 e ocupou diversos cargos na corte.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Iniciou a súa formación no eido da ourivería no obradoiro de Anxo Mareque, a través de quen coñeceu a Mario Granell, quen o introduciu no ambiente artístico vigués. En 1946 ingresou na Escola de Artes e Oficios, onde estudiou ouriveiría con Mareque e debuxo con Maximiliano Vidales Espinosa. Trasladouse a Santander cunha bolsa de estudios para ampliar a súa formación escultórica con Andrés Novo Cuadrillero (1948-1950). Instalouse en Madrid e participou na IX Exposición Nacional de Arte de Educación y Descanso celebrada en 1951 no Círculo de Bellas Artes de Madrid, na que obtivo o segundo Premio Nacional de Escultura e a primeira Medalla de Bronce. Regresou a Vigo en 1952 e comezou a traballar como técnico modelista en cerámica en Manuel Álvarez e Hijos, S A. Dende 1955 dedicouse de xeito máis intensivo á escultura e realizou a súa primeira mostra na sala Foto Club con 25 pezas en granito. En 1958 trasladouse a México onde se interesou polas culturas precolombinas, especialmente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Catedrático e xornalista. Pertenceu á Compañía de Xesús e foi director do seminario de Tui. Propietario e redactor, xunto con Manuel Lago González e Victoriano Paradís, do periódico La Integridad, afiliouse ao partido integrista. A súa militancia política levouno a se enfrontar co bispo Menéndez Conde e a renunciar á cátedra do seminario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Na capital cubana fundou e dirixiu, xunto con Francisco Montaos, o periódico La Prensa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito de América do N que separa a península de Cumberland e a illa de Baffin (Canadá) de Grenlandia e que une a baía de Baffin co N do Océano Atlántico. Está afectada pola corrente fría do Labrador, feito que provoca que se forme unha capa de xeo na súa superficie.
-
PERSOEIRO
Físico norteamericano. Realizou estudios nas universidades de Chicago e Princeton, onde se doutorou en 1911. Foi profesor de física no Carnegie Institute of Technology (1911-1917) e, posteriormente, traballou no departamento de enxeñería da Western Electric Company e na University of Virginia. Realizou numerosas investigacións no campo da emisión termoiónica dos metais e foi un dos precursores da microscopia electrónica. Investigou, xunto con L. H. Germer, a difracción dos electróns. En 1937 compartiu con sir George Thomson o Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a difracción electrónica.
VER O DETALLE DO TERMO