"bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Rei de Israel (931 a C -910 a C) Recolleu o descontento do pobo e dirixiu unha sublevación contra Salomón, que fracasou e foi proscrito. Pero tras a morte deste as tribos do N proclamárono rei, e estableceu un novo reino dotado dos seus propios lugares de culto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Israel (783 a C-743 a C) Durante o seu goberno o Reino de Samaria viuse favorecido pola debilidade de Asiria e Exipto e acadou a súa máxima expansión e prosperidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antiga peza de roupa que usaban os homes e que cubría ata a cintura.

    2. Peza de vestir do traxe tradicional feminino de gala que consiste nunha especie de chaqueta axustada ao corpo, co colo subido, sen escote, que se adorna con encaixes e brocados. Adoita confeccionarse con tecidos moi delicados como o satén ou a seda e habitualmente é de cor negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primate da familia dos hilobátidos que pertence ao xénero Hylobates. Alcanzan como máximo 90 cm de altura e teñen os brazos moi longos. Son arborícolas e silvícolas, nútrense de vexetais e de pequenos animais e habitan en grupos pouco numerosos. Son coñecidos por emitir uns berros moi agudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protuberancia en forma de xiba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten xiba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán de Borbón e Battenberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1216-1222), fillo de Sverker II. Sucedeu a Eric X e sostivo a cruzada dos cabaleiros da espada contra os estonianos (1220).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Borgoña (1404-1419) e conde de Nevers (1384-1419), fillo de Filipe II de Borgoña e de Margarida de Flandres. Ao producirse a demencia de Carlos VI de Francia, disputoulle á casa de Orléans o reino. En 1407 fixo asasinar o duque de Orléans e en 1408 foi nomeado señor de París. Ao reiniciarse a Guerra dos Cen Anos (1414), aliouse con Enrique V de Inglaterra, e en 1418 volveu entrar en París, de onde fuxira en 1413 por mor da revolta cabochienne. Despois da toma de Rouen polos ingleses, tentou negociar a paz con Carlos, delfín de Francia, pero foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1350-1364), fillo de Filipe VI e Xoana de Borgoña. De temperamento impulsivo e desequilibrado, falto de sentido político, deixou o goberno en mans de privados incompetentes. Tivo que enfrontarse cos ingleses e foi derrotado polo Príncipe Negro en Poitiers (1356). Conducido a Londres, en 1359 cedeu aos ingleses a metade de Francia para ser liberado. Polo Tratado de Brétigny foi liberado (1362), despois de comprometerse a pagar un rescate ao tempo que dous dos seus fillos permaneceron como reféns. Ao fuxir un deles, prendérono de novo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bohemia e marqués de Moravia (1458-1471), rexente e sucesor de Ladislau I de Bohemia (Ladislau IV de Hungría). Nobre husita, tomou Praga aos católicos (1448) e recibiu a investidura do reino de mans do Emperador Federico III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boris Nikolajevic Jelcin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán (17.293 km2; 188.000 h [estim 1982]). A capital é Qalāt (6.300 h [estim 1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase, en América do Sur, ao mestizo de negro e india ou de indio e negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Mindanao, Filipinas (601.794 h [2000]). Situada no extremo meridional da península homónima, no estreito de Basilan, ten industria de papel, de madeira e alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento formado por un recipiente cuberto cunha membrana atravesada por un pau. A fretaxe deste fai vibrar a membrana cun son rouco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe clupeiforme, duns 50 cm de lonxitude, co corpo comprimido lateralmente e unha quilla ventral de escamas fortemente carenadas. É azul verdosa no dorso, prateada nos flancos e na zona ventral e amosa unha ou dúas manchas negras detrás do opérculo. Aliméntase de zooplancto e é unha especie anádroma que penetra nos grandes ríos durante a primavera para realizar a desova. En Galicia atópase durante a desova nos ríos Miño, Ulla e Umia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Crimea 1850 - Peterburgo 1881) Revolucionario populista ruso. Foi un dos dirixentes do partido populista Narodnaja Vol’a (Vontade do Pobo) e o organizador dos atentados contra o Tsar Alexandre II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea consultiva rusa dos ss XVI e XVII. Presidida polo tsar e integrada por autoridades eclesiásticas, o consello dos boiardos, membros das clases populares e homes libres das cidades, foi convocada a miúdo en tempos de Iván IV, pero perdeu importancia a partir de 1622.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Shandong, China, na rexión do Leste (1.138.074 h [1990]). Gran centro mineiro (hulla) e industrial, engloba os antigos municipios de Zibo, Zhoucun, Changshan, Zicheng (ou Zichuan) e Boshan.

    VER O DETALLE DO TERMO