1 xibón

1 xibón

(<ár ğubbah)

  1. s m

    Antiga peza de roupa que usaban os homes e que cubría ata a cintura.

  2. s m [INDUM]

    Peza de vestir do traxe tradicional feminino de gala que consiste nunha especie de chaqueta axustada ao corpo, co colo subido, sen escote, que se adorna con encaixes e brocados. Adoita confeccionarse con tecidos moi delicados como o satén ou a seda e habitualmente é de cor negra.

Palabras veciñas

xibelino -na | xiberélico, ácido | xiberelina | 1 xibón | 2 xibón | xibosidade | xiboso -sa