xibelino -na
xibelino -na
(< ital ghibellino)
-
adx
Relativo ou pertencente aos xibelinos.
-
s
[HIST]
Membro dunha facción que na Idade Media era partidaria da política dos emperadores do Sacro Imperio Romano-Xermánico da dinastía Hohenstaufen. Contraria aos güelfos, que eran partidarios do papado e da independencia italiana, asumiron o poder en cidades como Luca, Pisa, Siena, Modena, Rimini, Pavia ou Cremona.