"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
PERSOEIRO
Astrónomo e matemático árabe. Membro da escola científica de Ḥ arrān, foi un dos principais tradutores de obras astronómicas gregas. Formulou a teoría da trepidación dos equinoccios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque nacional que ocupa 1.928 ha dos municipios de Daimiel e Villarrubia de los Ojos, na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha. Foi creado en 1973 e é un exemplo do ecosistema chamado táboas fluviais, que se formou polos desbordamentos, na súa confluencia, dos ríos Guadiana e Gigüela, favorecido pola escasa pendente do terreo. Representa os ecosistemas ligados ás zonas húmidas continentais. Unha gran variedade de aves acuáticas viven na zona, e das máis adaptadas á auga están diversas especies de somorgullos, ademais de garzas e todo tipo de anátidas ibéricas. Da flora, as plantas acuáticas son o substrato básico do parque, e as únicas árbores presentes son os tarais. Este parque asegura a supervivencia dun gran número de aves que a utilizan como área de descanso. Ten, entre outras figuras de protección, a declaración de Reserva da Biosfera (1981).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de François Quesnay publicada en 1758, onde formulou un modelo de circulación económica mediante a representación dun fluxo de gastos e produtos entre as diversas clases sociais. Estas clases clasifícaas seguindo a análise de Cantillon en agricultores (clase produtiva), propietarios da terra (clase soberana ou clase distributiva) e o resto de individuos de ocupación non agrícola (clase estéril), dentro da que incluía, entre outros, os artesáns e os comerciantes.
-
GALICIA
Relixioso. Licenciado en Dereito pola Universidad Pontificia de Comillas, foi capelán militar. Abade da colexiata de Santa María do Campo da Coruña, promoveu a creación do seu Museo de Arte Sacra. Presidente da Asociación de Amigos del Museo y de la Colegiata e membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, escribiu, entre outras obras, Juan Pablo II amigo de los jóvenes (1989), Morir con dignidad (1992), Historias de A Coruña (1993), Familia y hogar (1994) e Faro de luz (1997). Recibiu a Medalla de Ouro da Coruña, a Medalla Castelao (1999) e a cruz da orde de San Raimundo de Peñafort.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Depósito para gardar ou conter líquidos ou gases.
-
Recipiente ou depósito metálico de gran capacidade, empregado para almacenar e para transportar líquidos ou gases.
-
Recipiente de metal con asa que se usa para quitar auga doutro recipiente maior ou para bebela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo de combate, completamente acoirazado, armado cun canón e unha ou dúas metralladoras e que se despraza mediante eirugas. Destinado principalmente a romper a fronte do inimigo e penetrar en profundidade, as súas características básicas céntranse na mobilidade, a blindaxe e a potencia de fogo. A mobilidade posibilita a operación en terreos moi accidentados, vén determinada pola potencia do seu motor (entre 500 e 800 CV), a súa autonomía (ata 600 km), e polos sistemas de tracción e de suspensión. Como non teñen rodas directrices, xiran por diferenza da velocidade da eiruga dun lado respecto á da outra, polo que o diferencial é especialmente complicado. O motor, nun principio de gasolina, foi substituído posteriormente por un diésel sobrealimentado. Co tempo algúns tanques (M 1 Abrams americano) son propulsados por turbinas de gas. As blindaxes chegaron a acadar grosores de aceiro de 400 mm na torreta. Divididos inicialmente en lixeiros, medianos e pesados; o denominado tanque de batalla...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na costa NO da illa de Tenerife (2.966 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tanque moi lixeiro, de ata dez toneladas de peso e armados cunha ou dúas metralladoras, empregado xeralmente como tanque de recoñecemento. Pasaron a ser vehículos de apoio de unidades militares e de corpos policiais, substituíndo, polo xeral, as eirugas polos pneumáticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Remendar as rodas do carro con tacos de madeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moble ou estante onde se gardan os tacos de xogar ao billar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘rápido’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arritmia con aumento da frecuencia do pulso.
-
-
Aumento da frecuencia e o ritmo dos latexos do corazón. Segundo a orixe do estímulo, as taquicardias poden ser auriculares, aurículo-ventriculares e ventriculares.
-
Taquicardia que se presenta nos enfermos de hipertiroidismo.
-
Taquicardia que aparece cando o individuo pasa da posición sentada á erguida, que se debe posiblemente a unha hipotensión arterial.
-
Taquicardia que se caracteriza por un ritmo cardíaco anormalmente rápido, de 110 a 250 latidos por minuto, en forma de ataques de extrasístoles moi rápidos, que comezan e rematan bruscamente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hábito de comer á présa e sen mastigar demasiado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rapidez, a miúdo anormal, na articulación e na pronuncia das palabras, observada en certos estados de excitación mental ou en estados ansiosos ou maníacos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno polo que administracións sucesivas dunha substancia, aplicadas en intervalos breves, orixinan reaccións inmunolóxicas de intensidade decrecente.
-
-
Relativo ou pertencente aos taquiglósidos.
-
Mamífero da familia dos taquiglósidos.
-
Familia de mamíferos, da orde dos monotremas, que se caracterizan por ter o corpo arredondado e o pelame duro e rodeado de púas fortes, numerosas e puntiagudas e presentar fociño tubular. Habitan en Australia, Tasmania e Nova Guinea, en lugares ricos en vexetación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escribir un texto con signos taquigráficos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de escritura que permite transcribir tan á présa como se fala mediante signos especiais e abreviaturas. Aínda que se aplicaron sistemas de abreviación na Antigüidade, o primeiro sistema coherente que foi utilizado ata a Idade Media, foi o aplicado polos romanos, coñecido por notas tironianas. Nos primeiros concilios tamén se fixo uso do sistema tironiano para recoller os debates, práctica que perdurou ata o s XI, cando caeu en desuso. Durante o período medieval usouse un sistema a base de elipses ou siglas, apócopes ou palabras cortadas, contraccións, letras sobreescritas ou abreviaturas con signos especiais. Durante o Renacemento apareceron os precursores da taquigrafía moderna, con Timothy Bright (1588), en Inglaterra, seguido de John Willis, que, en 1602 foi o primeiro en facer uso do termo estenografía, e Thomas Shelton, que se serve da palabra taquigrafía, en 1626. A taquigrafía moderna iniciouse con John Byrom en 1720 en Inglaterra, onde de 1700 a 1900 apareceron...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á taquigrafía.