"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Parte da termodinámica que trata da medida e da interpretación dos cambios caloríficos que acompañan cambios de estados ou reaccións químicas. Consiste na aplicación aos sistemas químicos do principio da conservación da enerxía (primeiro principio de termodinámica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á termo­química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está composto por terra e auga, referido á Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tetrabranquios.

    2. Molusco da subclase dos tetrabranquios.

    3. Subclase de moluscos cefalópodos que inclúe especies con catro banquias, numerosos tentáculos, corpo protexido por unha cuncha externa dividida en membranas e cámaras separadas por tabiques transversais. Os tetrabranquios foron moi abundantes durante a Era Secundaria e na actualidade só existe unha forma viva, o náutilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito formado por catro aquenios que procede dun ovario bicarpelar, típico das lamiá­ceas e das boraxináceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos gobernos dun país dividido en catro partes. Desenvolveuse, entre outras, nas tribos de Tesalia e Galacia.

    2. Modo de combate da falanxe macedónica que formaba en combate con catro fileiras de guerreiros.

    3. Sistema de catro soberanos, dous augustos e dous césares, implantado no Imperio Romano polo ordenamento imperial de Diocleciano, en 283.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leopoldo O’Donnell Jorrís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico francés. Estudou diversos compostos, descubriu a auga osixenada, e unha substancia formada polo óxido de cobalto e alumina, coñecida como azul de Thenard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador romántico. Foi colaborador de Saint--Simon (1814-1817) e bibliotecario do Palais-Royal (1835). Escribiu Histoire de la conquête d’Anglaterre par les Normands (1825), Récits des temps mérovingiens (1840) e Essai sur l’histoire de la formation et des progrès du Tiers État (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e historiador. Católico de espírito tolerante, estivo ao servizo de Enrique III e Enrique IV. Foi un dos redactores do Edito de Nantes de 1598. Escribiu Historia sui temporis (1604-1608).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, sociólogo e xurista. Alcalde de Madrid (1979-1986) e catedrático de dereito político, foi expulsado (1965) da universidade pola súa oposición ao franquismo, polo que entre 1966 e 1967 exerceu en Princeton. En 1968 fundou o Partido Socialista del Interior que, xunto co Partido Comunista Español e o Partido Carlista, formaron a Junta Democrática de España. Resposto na súa cátedra desde 1975, foi deputado polo PSP (1977) e acabou integrando o seu partido no PSOE, do que foi elixido presidente honorario (1978). Autor do preámbulo da Constitución Española de 1978, publicou Sociología y situación (1954), Humanismo y sociedad (1964), Leyes políticas españolas fundamentales: 1808-1936 (1975), Democracia, socialismo y libertad (1977) e as súas memorias, Cabos sueltos (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona volcánica da illa de Lanzarote, situada na provincia de Las Palmas, Canarias. Constituída por 5.107 ha, foi declarada Parque Nacional en 1974. Comprende os termos municipais de Yaiza e Tinajo, en lugares onde foron habituais as erupcións volcánicas durante os ss XVII e XVIII. A zona inferior do parque, formada por lava solidificada, presenta unha superficie maioritariamente plana. O parque está atravesado pola Ruta de los Volcanes, camiño de 14 km que se inicia no denominado Islote de Hilario e que culmina nunha zona de cráteres. A vexetación pouco abundante está constituída fundamentalmente por toxos. A fauna tamén é escasa, con dominio dos réptiles, sobre todo o lagarto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea que presenta os talos volubles, as flores brancas ou azuladas e o froito en vaíña.

    2. Froito comestible desta planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Jalisco, México, situada a 5 km ao S de Guadalajara (474.178 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, pensador e escritor, señor de Tocqueville. Deputado (1839-1848) e ministro de Asuntos Estranxeiros (1848), foi un dos teóricos principais do liberalismo político. Defendeu a democracia como motor da nivelación social. Destacan as obras Du système pénitentiaire aux États Units et son application en France (1835-1840) e L’Ancien Régime et la Révolution (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Presidente de Perú desde 2001, foi líder do Partido Político Perú Posible e do movemento de resistencia pacífica contra o seu antecesor, Alberto Fujimori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e filósofo. Coñecido polos títulos de Doutor común e Doutor anxélico, en 1243 ingresou na orde de predicadores. Foi discípulo de Alberte o Magno e profesou en París e en Italia (1259-1268), mentres estaba ao servizo da curia pontificia. A partir de 1272 ensinou en Nápoles. Canonizado en 1323 e proclamado doutor da Igrexa en 1567, é o representante máis característico da escolástica. Autor de numerosas obras filosóficas, esexéticas e teolóxicas, destaca a interpretación literaria e conceptual do Libro das Sentenzas de Pedro Lombardo e as de Aristóteles, Boecio e o Pseudo-Denís e, sobre todo, os comentarios bíblicos. Respecto ás súas quaestiones organizou a quaestio disputata, acto universitario por excelencia. Escribiu dúas sumas, a Summa contra gentiles (1259-1264), análise crítica das filosofías e teoloxías anteriores, e a Summa teheologica (1267-1274), articulación da súa visión cristiá do mundo e de home,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión setentrional de Vietnam (115.700 km2). Limita ao N co sheng chinés de Yunnan e o zizhiqu de Guangxi Zhuang, ao S coa rexión de Annam e ao L co mar da China Meridional, onde constitúe o golfo de Tonquín. Corresponde esencialmente coa conca fértil e o delta do Sông Nhi Ha. O clima é monzónico, con chuvias de xuño a setembro. Habitada polos tai, a poboación concéntrase no delta. O arroz ocupa o 80% da superficie de cultivo, a metade dela con dúas colleitas anuais. Outros cultivos importantes son o millo, a pataca doce, a cana de azucre e o algodón. Destaca a pesca, tanto marítima como fluvial. O subsolo é rico en minerais. A industria concéntrase arredor de Hanoi e Hai Phong, principal porto. Habitada por pobos montañeses (tai, man e meo), no s III a C formou parte do Reino de Nam Yu (en vietnamita Nam Vièt ou Vietnam). A rexión foi dominada polos chineses durante mil anos (111 a C - 939 d C). Recuperada a independencia co nome de Dai Vièt, durante as dinastías...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo do mar da China Meridional, situado entre as costas vietnamitas de Annam setentrional e de Tonquín, e as costas chinesas de Guangdong ata a península de Leizhou e a illa de Hainan. A costa central está constituída polo amplo delta e o estuario do Sông Nhi Ha.

    VER O DETALLE DO TERMO