termoquímica
termoquímica
(< termo- + química)
s
f
[FÍS]
Parte da termodinámica que trata da medida e da interpretación dos cambios caloríficos que acompañan cambios de estados ou reaccións químicas. Consiste na aplicación aos sistemas químicos do principio da conservación da enerxía (primeiro principio de termodinámica).