"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Acción de restituír.
-
Operación consistente en levantar o mapa dun terreo a partir de dúas fotografías aéreas, observadas en estereoscopia, nas que se vai determinando, mediante un restituidor, cales son as coordenadas de diferentes puntos do terreo.
-
-
Devolución dunha cousa ou reparación dun dano causado, de maneira que quede restablecida a orde anterior pola concorrencia do dano producido (dano emerxente) ou da ganancia non obtida a causa do prexuízo ocasionado polo dano (lucro cesante). En caso de ser imposible a devolución da mesma cousa, procédese á indemnización por danos e perdas.
-
Condición principal da responsabilidade penal ou civil nacida dos delitos contra a propiedade consistente na devolución ao perxudicado dos obxectos de que foi privado pola acción do delincuente ou do responsable civil. Están obrigados o culpable, o responsable civil e o terceiro que adquiriu a cousa legalmente.
-
-
Formación de novos órganos despois dunha mutilación.
-
No estudo do choque entre dous corpos, cociente entre a velocidade relativa que levan despois do choque e a de antes do choque. Nun choque perfectamente elástico o coeficiente de restitución vale 1, e nun choque totalmente inelástico vale 0.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edito promulgado polo Emperador Fernando II tras a Paz de Lübeck en 1629, durante a Guerra dos Trinta Anos. Determinaba a devolución das dioceses e mosteiros que dependían da Casa de Austria e que polo Tratado de Passau (1552) pasaran a mans luteranas, como tamén a paridade de protestantes e católicos en canto ao establecemento da Reforma. Fixérono posible as vitorias de J. T’ Serclaes de Tilly e A. von Wallenstein e significaba o retorno a Paz de Augsburgo (1555).
-
-
Acción e efecto de restrinxir.
-
Diminución da capacidade pulmonar sen obstrución bronquial, que non afecta á ventilación máxima por minuto. Pode ser extrínseca ou extrapulmonar, ou intrínseca por redución do parénquima pulmonar.
-
Dadas unha función f dun conxunto A noutro B e un subconxunto A’ de A, función de A’ en B que toma os mesmos valores que f para todo elemento de A’. Denomínase restrición de f ao subconxunto A’.
-
Acto que consiste en facer mentalmente limitacións a aquilo que se di, crendo que iso autoriza a eludir o cumprimento ou permite non dicir a verdade sen mentir.
-
Limitacións postas ao funcionamento normal da competencia entre empresas nas economías capitalistas.
-
-
-
Acción e efecto de resucitar.
-
Dogma dalgunhas relixións polo que o corpo humano volverá da morte para unha vida nova e definitiva. Pode referirse á reanimación dun morto, ao acto final da historia en que Deus resucitará os mortos e o retorno á vida de Xesús Cristo ao terceiro día. A idea de rexurdir, erguerse de novo, alzarse, reanimar, aplicada a un cadáver, ten un sentido metafórico: se o cadáver é o signo visible da morte, a súa resurrección ou reanimación simboliza o retorno á vida. A partir do Novo Testamento o tema converteuse en núcleo fundamental da mensaxe cristiá: o anuncio da resurrección de Xesús Cristo, garantía para os crentes a propia resurrección. Trátase non só da reanimación dun cadáver nin do retorno á vida temporal, senón da superación definitiva da morte, do traspaso a unha vida de plenitude perpetua alén da morte. De aí vén a imposibilidade de definir con nocións precisas e de fundamentar criticamente dunha maneira segura a realidade da resurrección de Xesús Cristo. Equivalería a demostrar...
-
-
-
Acción e efecto de retardar ou retardarse.
-
retardo.
-
-
-
Acción e efecto de reter.
-
Acumulación de substancias de difícil evacuación nun conduto ou cavidade.
-
Parte ou totalidade que se retén dun haber ou dun salario.
-
Detención ou marcha lenta de vehículos.
-
Facultade que ten o acredor de poder continuar posuíndo unha cousa logo do termo en que a tiña que restituír ao debedor, ou que ten o detentor dunha cousa de retardar a súa restitución ata obter a satisfacción do crédito. Este dereito só faculta para continuar a detención e para negarse a restituír, pero sen a facultade de disposición da cousa.
-
Obriga do substituto do contribuínte de detraer do pagamento efectuado ao suxeito pasivo dun tributo o gravame tributario correspondente a unha cantidade determinada á conta deses tributos, asumindo a obriga de efectuar o ingreso no tesouro público.
-
-
retención relativa
Cociente, nunha análise cromatográfica, dos volumes de retención netos de dous compostos.
-
tempo de retención [tJ>R /J>]
Tempo que, nunha análise cromatográfica, empregan as moléculas do soluto para percorrer a columna dun extremo a outro.
-
volume de retención [VJ>R /J>]
olume de fase móbil necesario, nunha análise cromatográfica, para transportar o soluto dun extremo a outro da columna cromatográfica.
-
retención relativa
-
...
-
-
-
Acción e efecto de retraer ou retraerse.
-
Redución do volume dun tecido, en particular un músculo, e deformidade que resulta dela.
-
termorretracción.
-
-
-
Acción de retractarse.
-
Acto polo que se retira o consentimento ou a aprobación a unha oferta ou proposta.
-
Declaración de que unha confesión previa é inexacta, falsa ou feita por coacción. É unha posibilidade recoñecida no procedemento penal como garantía do acusado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de retraducir.
-
-
Acción de retribuír.
-
Cantidade de diñeiro con que se retribúe.
-
-
-
Efecto retroactivo.
-
retroalimentación.
-
-
-
Acción de aplicar, nun sistema calquera, unha fracción do sinal de saída novamente á entrada para que actúe tamén sobre o sistema. Un dos sistemas provistos de retroacción é o servosistema. En electrónica aplícase nos amplificadores e pode ser en fase ou en oposición de fase.
-
Regulación da resposta dentro dun sistema (molécula, célula, organismo ou poboación) que inflúe sobre a actividade ou a produtividade do sistema, que está constituído por elementos interactuantes que poden presentar moitos estados diferentes en función dos estados dos outros. Cómpre distinguir a retroacción negativa ou homeostática, que conserva o equilibrio entre dous valores límite e tende a ese equilibrio, da positiva, que tende a desequilibrar o sistema por unha autoaceleración da desviación.
-
-
-
Acción e efecto de retrogradar.
-
Fase do movemento aparente dun planeta durante a que este semella moverse en sentido contrario ao do seu desprazamento real respecto ás estrelas fixas. O movemento real dos planetas ten lugar de O a L, e durante a fase de retrogradación vese como se desprazan de L a O. A retrogradación é un efecto da combinación dos movementos reais do planeta e da Terra e sepárase da fase normal de movemento directo pola estación.
-
Movemento de retracción da Terra dentro da liña da costa por efecto da erosión das ondas. OBS: Oponse á progradación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inhibición dunha reacción por acumulación do produto final.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nova mutación que conleva a reversión dun carácter mutante a outro normal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxección de imaxes sobre unha pantalla situada a certa distancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Observación ou exame do tempo pasado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de retrotraer ou retrotraerse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de reunificar ou reunificarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión celebrada no val do río Bruña, preto de Casaio, en xullo de 1946 entre os dirixentes guerrilleiros de León e Galicia. Neste congreso enfrontáronse as distintas tendencias políticas da loita guerrilleira, comunistas por un lado, e socialistas, anarquistas e republicanos, polo outro. A xuntanza rematou cun acordo entre as seccións guerrilleiras. A Garda Civil tivo noticia da concentración na serra do Eixe e os guerrilleiros Francisco Elvira Cuadrado e Arcadio Ríos morreron no enfrontamento.