retrogradación

retrogradación

(

  1. s f

    Acción e efecto de retrogradar.

  2. [ASTRON]

    Fase do movemento aparente dun planeta durante a que este semella moverse en sentido contrario ao do seu desprazamento real respecto ás estrelas fixas. O movemento real dos planetas ten lugar de O a L, e durante a fase de retrogradación vese como se desprazan de L a O. A retrogradación é un efecto da combinación dos movementos reais do planeta e da Terra e sepárase da fase normal de movemento directo pola estación.

  3. s f [ESTRATIG]

    Movemento de retracción da Terra dentro da liña da costa por efecto da erosión das ondas. OBS: Oponse á progradación.

Palabras veciñas

retroflexión | retroflexo -xa | retrofoguete | retrogradación | retrogradar | retrógrado -da | retrogresión