retrógrado -da
retrógrado -da
(< lat retrogrădu)
-
adx
Que vai ou se move cara a atrás.
-
adx e s
Que ou quen vai contra o progreso.
-
adx
[MÚS]
Aplícase ao procedemento de imitación contrapuntístico que consiste en presentar os sons dun tema no sentido inverso ao da súa exposición.
-
sentido retrógrado
[FÍS]
Sentido en que se move un corpo arredor doutro, cando o fai no sentido das agullas do reloxo.