"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Monxe e pensador budista, irmán de Vasubandhu. Ambos os dous convertéronse do budismo hīnayāna ao mahāyāna, pero a interpretación que lle dan está influída polo pensamento hindú. Segundo a tradición fundou a escola filosófica idealista ou yogāchāra. A súa doutrina, condensada na obra Sūtrālankāra, nega a realidade do mundo e dos fenómenos externos pero acepta nun certo sentido a realidade subxectiva dos fenómenos do pensamento e da consciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Bengala Occidental, na India, situada no val do Dāmodar (261.836 h [1991]). É o centro dunha área moi industrializada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou sor Juana Inés de la Cruz (San Miguel de Nepantla 1651 - México 1695) Relixiosa. Escritora e poetisa mexicana. A súa poesía é unha síntese de dúas tendencias da época: o Culteranismo de Calderón e de Góngora, e o Conceptismo de Quevedo. Publicou Respuesta a sor Filotea de la Cruz (1691) e Inundación castálida (1689), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo condado de Alemaña que naceu a finais do s XI. O seu centro era o castelo homónimo, preto de Aschersleben, no Harz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista. Desde 1916 traballou activamente nos sindicatos anarcosindicalistas. Foi prendido baixo a acusación de atentar contra o redactor xefe do periódico El Heraldo de Aragón, contrario ás reivindicacións obreiras. Trasladouse a Barcelona e con Durruti, G. Oliver e outros constituíu o grupo Los Solidarios (1922). Tiñan como misión a loita terrorista contra a patronal, a policía e os sindicatos libres. Ao ano seguinte participou no asasinato do cardeal Soldevila, feito que provocou a súa detención e a posterior fuxida a Francia. En 1924 xunto con Durruti percorreu diversos países americanos onde realizaron diversas expropiacións para acadar fondos para a organización anarquista. Participaron no intento de asasinato de Afonso XIII en París e contribuíron á publicación da Encyclopédie anarchiste (Enciclopedia anarquista) de Sebastián Faure. Foi un dos fundadores da Federación Anarquista Ibérica (FAI) en 1927 e defendeu o putsch (sublevación) como medio de chegar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura do Bronce antigo das rexións da Emilia e Toscana que se caracterizan por poboados pouco estables (Asciano, Tanaccia, etc) dedicados ao pastoreo, recolección, caza e explotación mineira dos recursos cupríferos da rexión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Asciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Asociación das Nacións do Sueste Asiático

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade do que é seguro, sen perigo.

    2. Algo que ten calidade de seguro, que non falla.

    3. Calidade de seguro, cheo de confianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento dunha lingua carente de sentido de entre todos aqueloutros que si poden telo (morfemas, palabras, construcións sintácticas, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea das distintas seccións do Partido Federal en Galicia, celebrada o 22 de xuño de 1873. O partido quedou organizado en xuntas locais e no cantón de Galicia creouse un comité executivo. A Asemblea Federal Galega xuntaríase dúas veces ao ano en Santiago (elixida capital do vindeiro cantón galego). Dentro do réxime federal de España, pedíase a autonomía de Galicia que estaría rexida por un regulamento ou constitución cantonal no que se fixarían os poderes que podería exercer, e cáles tiña que transferir ao poder central pola imposibilidade de exercelos directamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celébranse por iniciativa da Academia Galega, co obxectivo de reflexionar sobre a comunidade de cultura entre Galicia e Portugal. A primeira tivo lugar en Braga, os días 29 e 30 de outubro de 1955; a segunda na Coruña, os días 14, 15 e 16 de agosto de 1961. Destas asembleas obteranse unhas corenta ponencias sobre lingua, historia, folclore, etnografía e literatura comúns, publicadas posteriormente pola Academia, no ano 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e historiador castelán. Estudiou clarinete, piano, canto e composición no conservatorio de Madrid. En 1859 fundou os concertos espirituais no Teatro da Zarzuela de Madrid. Escribiu máis de setenta zarzuelas, de entre as que sobresaen: Jugar con fuego (1851), Pan y toros (1864) e El barberillo de Lavapiés (1874). Publicou Cancionero musical de los siglos XV y XVI (1890), Reseña histórica de la zarzuela (1864) e Los últimos amores de Lope de Vega (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bispo de Lugo entre 1591 e 1599. Fundou o seminario diocesano en 1594 baixo a advocación de san Lourenzo. Para dotalo recorreu aos dezmos do bispado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce asfixia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento pictórico do comezo do s XX, principiado en Nova York, que buscaba os elementos de inspiración nos ambientes populares. A denominación veulles dada porque nalgúns cuadros aparecían cubos do lixo. Formalmente eran realistas ou expresionistas, algúns deles estudiaron ou viviron en Europa. O acto máis importante levado a termo foi a exposición de 1908 na Macbeth Gallery de Nova York, coñecida co nome de exposición dos oito (The Eight) e que foi un motivo de escándalo nos ambientes conservadores da National Academy. Os oito pintores eran: William Glackens, Robert Henri, Ernest Lawson, George Lucks, Everett Shinn e John Sloan, realistas, e Arthur B. Davis e Maurice Prendergast, expresionistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Axanti Rexión de Gana (24.389 km2); 2.308.100 h [estim 1992]). A Ashanti histórica era unha rexión caracterizada por unha sucesión de outeiros, rodeada en parte polo Volta e os seus afluentes, con bosque virxe cara ao sur. Os seus habitantes son os axantis. Kumasi é a capital da Ashanti antiga e moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie máis alta do Ordoviciano, constituído por pizarras, que descansa enriba do Caradociano e baixo o Llandoveriano (Siberia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Ashgiliano.

    VER O DETALLE DO TERMO