Asemblea Federal de Santiago

Asemblea Federal de Santiago

Asemblea das distintas seccións do Partido Federal en Galicia, celebrada o 22 de xuño de 1873. O partido quedou organizado en xuntas locais e no cantón de Galicia creouse un comité executivo. A Asemblea Federal Galega xuntaríase dúas veces ao ano en Santiago (elixida capital do vindeiro cantón galego). Dentro do réxime federal de España, pedíase a autonomía de Galicia que estaría rexida por un regulamento ou constitución cantonal no que se fixarían os poderes que podería exercer, e cáles tiña que transferir ao poder central pola imposibilidade de exercelos directamente.