"Ōta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 576.

  • Acción e efecto de pillar algo con rapidez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dirixir un vehículo ou unha nave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de pilotar.

      1. Sistema de navegación aérea que utiliza indicacións e características do terreo sobrevoado para fixar en todo momento a posición da aeronave.

      2. Conxunto de manobras necesarias para obter a posición da aeronave e fixar a ruta.

    2. Arte ou oficio de piloto.

    3. Dereito que pagan as embarcacións ao entrar nalgúns portos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pinga grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista portugués. Foi militante do Partido Popular Democrático/Partido Social Democrata e deputado na Assembleia Constituinte (1975). Foi ministro de Comercio e Turismo (1976-1977) e primeiro ministro do IV goberno constitucional (1978-1979). En 1981 ocupou o cargo de viceprimeiro ministro e ministro de Defensa (1983-1985). Escribiu Teoria geral do Direito Civil (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe imaxinario que se emprega para asustar aos nenos nos Ancares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xirar ou apoiarse sobre un eixe ou un punto de apoio.

    2. Xirar un xogador sobre un pé, en deportes como o baloncesto ou o balonmán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. pescada.

    2. Bacallau de mala calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa para o fomento da produción e a explotación racional do marisco e para outorgar unha protección especial ás zonas de produción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas, da familia das desmidiáceas, que presentan o corpo longo e cilíndrico, cun lixeiro estrangulamento no centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de espirómetro que se emprega para medir instantaneamente o aire inspirado e expirado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está escrito en diferentes linguas. Refírese sobre todo ás edicións da Biblia impresa en diferentes linguas (Biblia políglota), que presenta en forma paralela os textos orixinais e os dalgunhas versións antigas autorizadas. A primeira foi a Biblia Políglota Complutense.

    2. Que ou quen fala diferentes linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente cilíndrico de diversas formas, tamaños e materiais, con asas e tampa, que serve para cociñar.

    2. Caldeira do alambique.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molusco cefalópodo, da orde dos decápodos, que se caracteriza por ter corpo alongado e medir aproximadamente 20 cm. De cor parda clara, ten un aspecto similar á lura, aínda que a carne, comestible, é de peor calidade. É unha especie nerítica, que se pode localizar ata os 1.000 m de profundidade. OBS: Tamén se denomina pota voadora.

    2. Molusco cefalópodo dibranquio, da orde dos decápodos, co corpo alongado, de ata 40 cm, cilíndrico, de cor branca ou transparente, con dúas aletas triangulares laterais, soldadas ao ápice do corpo, oito brazos e dous tentáculos. É unha especie peláxica e vive tanto na superficie como en fondos de area, frecuente tanto no Mediterráneo como no Atlántico. É comestible, pero a carne é de peor calidade ca a da lura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de potable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de operacións e tratamentos aos que se somete a auga para facer que sexa potable. Segundo a natureza das operacións e dos tratamentos efectuados pode ser física, química ou bacteriolóxica. A potabilización física consiste en someter a auga a decantación, natural ou acelerada con axentes de floculación, e a filtración a través de leitos de area ou carbón. A potabilización química consiste en efectuar a decantación cunha cantidade axeitada de cal, para reducir a dureza temporal ou carbónica debida aos bicarbonatos de calcio ou de magnesio, cun control final do pH, coa adición xeralmente de ácido sulfúrico; pode consistir tamén en realizar a filtración a través de cambiadores iónicos. A potabilización bacteriolóxica efectúase normalmente por oxidación, ben directamente con gas cloro, debidamente regulado, ben con compostos clorados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se emprega ou que serve para potabilizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é apto para servir de bebida.

    2. Que é válido ou aceptable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de comida que se fai nunha pota.

    2. Cantidade de augardente que se destila dunha vez.

    VER O DETALLE DO TERMO