potabilización

potabilización

(

s f [QUÍM/IND]

Conxunto de operacións e tratamentos aos que se somete a auga para facer que sexa potable. Segundo a natureza das operacións e dos tratamentos efectuados pode ser física, química ou bacteriolóxica. A potabilización física consiste en someter a auga a decantación, natural ou acelerada con axentes de floculación, e a filtración a través de leitos de area ou carbón. A potabilización química consiste en efectuar a decantación cunha cantidade axeitada de cal, para reducir a dureza temporal ou carbónica debida aos bicarbonatos de calcio ou de magnesio, cun control final do pH, coa adición xeralmente de ácido sulfúrico; pode consistir tamén en realizar a filtración a través de cambiadores iónicos. A potabilización bacteriolóxica efectúase normalmente por oxidación, ben directamente con gas cloro, debidamente regulado, ben con compostos clorados.

Palabras veciñas

2 pota | potábel | potabilidade | potabilización | potabilizador -ra | potable | potada