"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
-
Estudio da cultura, das linguas e das literaturas eslavas.
-
Afección ao eslavo.
-
Palabra ou xiro propios dunha lingua eslava ou procedentes dela.
-
paneslavismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao eslavismo.
-
Persoa que cultiva o eslavismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama de estudios sobre a historia, lingua, arqueoloxía, cultura, ou outros temas relacionados cos pobos eslavos.
-
-
Relativo ou pertencente ao esterno e á clavícula.
-
Articulación do esterno e a zona exterior da clavícula que, co seu movemento, contribúe ao do ombreiro.
-
-
PERSOEIRO
Actor. Iniciou a súa actividade profesional en 1986 no grupo Ítaca e realizou diversos espectáculos coas compañías Uvegá Teatro (Trínguilin trángala, Freda Gómez) e O Moucho Clerc (A caza do Snark, O rousiñol de Bretaña). A súa carreira desenvolveuse posteriormente con traballos para o Centro Dramático Galego (O arce no xardín, A casa dos afogados, O incerto señor don Hamlet, Como en Irlanda, Lisístrata ou cando as mulleres reviraron, O peregrino errante que cansou ao demo, O Bufón d’El Rei, Memoria de Antígona, Valle-Inclán 98 e Xelmírez ou a gloria de Compostela), Teatro do Noroeste (A grande noite de Fiz, Galileo Galilei, As vodas de Fígaro, Macbeth, Historias Peregrinas, Noite de Reis e A Celestina) ou Sarabela Teatro (O lapis do carpinteiro). Traballou con directores como Manuel Lourenzo,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Moldavia (1457-1504). Fillo de Bodgan II, sucedeu ao seu tío Pedro III. Derrotou os turcos en Rahova (1475), pero ante a súa constante ameaza, aliouse con Polonia e Hungría. Non obstante , asinou un tratado (1503) co sultán Baiazet II, polo que Moldavia mantiña a independencia a cambio dun tributo anual. Impulsor do desenvolvemento cultural do seu país, modernizou Suceava, capital do reino, e inspirou Crónica, pola graza de Deus, do país de Moldavia desde que foi establecido (1504), primeira obra literaria secular en eslavo. Pola súa resistencia aos turcos e a reconstrución de numerosas igrexas e mosteiros, o patriarca da Igrexa serbia concedeulle o título de atleta de Cristo e canonizouno en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral romano. De orixe vándala, foi nomeado magister militum (394) por Teodosio. Trala división do Imperio, confióuselle a titoría de Honorio e Arcadio, e a rexencia do Imperio de Occidente. Derrotou os visigodos de Alarico en Pollenza (402) e Verona (403) e os ostrogodos en Fiesole (405), pero non puido recuperar Iliria. Desamigouse coa corte pola presenza de numerosas tropas de orixe bárbara e, acusado de traizón, foi condenado a morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista trimestral de pensamento e cultura aparecida en outono de 1994 en Iria Flavia (Padrón). Editada pola Fundación Camilo José Cela e dirixida polo propio escritor ata a súa morte, acontecida o 17 de xaneiro de 2002, dedícase á difusión da literatura e da cultura en xeral. Dividida nas seccións “El émbolo de Descartes”, “El rayo y la esperanza”, “La lumbre y el amor” e “Las cartas sobre la mesa”, entre outras, recolle textos, ensaios ou poemas de distintas procedencias e inéditos en castelán.
-
-
Facer que alguén perda o camiño ou se desvíe del.
-
Ignorar o lugar onde está algo.
-
Non fixar a vista nun obxecto determinado.
-
Perderse ou desviarse alguén do camiño.
-
Non saber o lugar onde se encontra algo.
-
Andar errante a vista dunha persoa sen fixala nun punto concreto.
-
Adoptar unha persoa malos costumes.
-
-
-
Acción e efecto de extraviar ou extraviarse.
-
Perturbación que se produce en alguén.
-
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Discípulo de J. L. David, cultivou un neoclasicismo caracterizado pola severidade. En 1787 acadou o Prix de Rome e trasladouse a Italia. En 1825 fundou un museo en Montpellier ao que lle legou a súa obra. Foi conservador do museo e director da École des Beaux-Arts. Destacan os seus retratos Luís XVIII, A condesa de Albany e Casanova. Cultivou tamén a pintura relixiosa e histórica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e escritor. Participou no rexurdimento do teatro ibérico durante os anos sesenta e setenta. Ocupou diversos postos de responsabilidade no Institut del Teatre e no Servei de Teatre da Generalitat. Como crítico teatral destacan as súas colaboracións en La Vanguardia, Avui, Pipirijaina e El Público. Dedicado tamén á investigación teatral, destacan os seus estudios sobre a historia teatral, catalá e universal, ou o seu ensaio Introdución al lenguaje teatral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo alemán. Estudiou teoloxía e foi pastor luterano. Colaborou con Kepler no estudo de Marte. En 1596 descubriu a primeira estrela variable denominada Mira Ceti. A partir de 1610, xunto co seu fillo, estudiou as manchas solares.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da serra homónima que serve de límite ás parroquias de Prado (concello de Covelo) e Quins (Melón). O seu cumio acada os 1.154 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Aliñación montañosa do S da Comunidade Autónoma de Galicia, a máis meridional das que integran a Dorsal Occidental Galega. Esténdese en dirección NNL-SSO, entre a serra do Suído, ao N, e o val do Miño, ao L e S. É o límite dos concellos de Covelo e A Cañiza, na súa vertente occidental, cos de Avión e Melón na oriental. Culmina no Faro de Avión a 1.154 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Almirante estadounidense. Loitou na guerra de Secesión cos estados da Unión e tivo un papel destacado na conquista de New Orleans (1862) e da rexión do Mississippi. A súa fama debeuse sobre todo á conquista da baía de Mobile (1864), que constituía un importante arsenal sudista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperatriz romana, filla do Emperador Maximiano. Casou co Emperador Constantino I (307). Participou nas intrigas da corte e denunciou o seu pai e a Crispo, o fillo máis vello do emperador. Foi nai dos emperadores Constancio II, Constante I e Constantino II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Profesor de Economía Medieval na Université de la Sorbonne (1969-1997), foi director xeral dos Archives de France (1975-1994), presidente da Bibliothèque Nationale de France (1994-1997) e, desde 1997, presidente da comisión francesa da UNESCO. Especializado en historia da Alta Idade Media, a maior parte dos seus traballos centráronse no ámbito da diplomática e da arquivística francesa. Das súas obras destacan Les Finances pontificales à l’époque du grand schisme d’Occident 1378-1409 (1966), La Guerre de Cent ans (1982) e La France médiévale, les Grandes Découvertes, Philippe le Bel et Chronique de la Révolution (1988). Foi galardoado, entre outros, cos títulos de Oficial da Légion d’Honneur e da Ordre National du Mérite e co de Commandeur da Ordre des Arts e Lettres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Asturias (737-739), fillo e sucesor de Pelaio. Casado con Froiluba, fundou con ela a igrexa da Santa Cruz en Cangas de Onís. Trala súa morte, sucedeuno o seu cuñado Afonso I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cova ou soto situada debaixo dos templos para almacenar e ocultar os obxectos de culto.