Faro de Avión, serra do

Faro de Avión, serra do

Aliñación montañosa do S da Comunidade Autónoma de Galicia, a máis meridional das que integran a Dorsal Occidental Galega. Esténdese en dirección NNL-SSO, entre a serra do Suído, ao N, e o val do Miño, ao L e S. É o límite dos concellos de Covelo e A Cañiza, na súa vertente occidental, cos de Avión e Melón na oriental. Culmina no Faro de Avión a 1.154 m de altitude.