"Abe" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 982.
-
VER O DETALLE DO TERMO
craniomalacia.
-
-
Calquera cousa que é difícil de entender ou de resolver.
-
Adiviña ou calquera pasatempo que require da intelixencia e do enxeño para resolvelo.
-
Xogo que consiste en colocar pezas nunha orde e nunha posición determinadas para formar un debuxo ou unha figura.
-
-
PERSOEIRO
Actriz norteamericana. Coñecida como Bette Davis, estudiou ballet na Mariarden School of Dancing e interpretación na John Murray Anderson Dramatic School. En 1929 debutou en Broadway e en 1930 entrou nos estudios Universal. Desta primeira etapa destacan filmes como Seed (Semente, 1931) ou Waterloo Bridge (A ponte de Waterloo, 1931). En 1932 pasou aos estudios Warner, dos que foi a súa maior estrela nos anos trinta e corenta. Deste período destacan as súas intervencións en 20.000 Years in
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade no estado de Bauchi, Nixeria, situada entre Gombe e Kumo, na marxe dereita do río Benue (125.300 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Facer saír as abellas da colmea onde se atopan.
-
-
de descabezar.
-
Que ten falta de tino ou xuízo.
-
Aplícase a calquera figura coa parte superior seccionada, como unha árbore coa copa plana ou unha cabria co vértice cortado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de descabezar.
-
-
Cortar a cabeza.
-
Cortar a parte superior dalgunha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sacar o que está nunha gabeta.
-
PERSOEIRO
Compositor e editor musical austríaco. Xunto con P. Cappi fundou a editorial Cappi & Diabelli e tivo a iniciativa de enviar un valse a cincuenta compositores, entre outros Liszt, Schubert e o fillo de Mozart, para que escribisen unha variación cada un deles. O resultado foi unha recompilación musical moi representativa do seu tempo: Vaterländischer Künstlerverein e as Variacións Diabelli opus 120 de Beethoven. Así mesmo, compuxo pezas didácticas para piano, sonatas e misas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Termo xenérico para designar un grupo de afeccións caracterizadas por un exceso de diurese e de sede intensa. Habitualmente e, por extensión, o termo refírese á diabete mellitus. A diagnose da diabete realízase mediante a proba da concentración de glicosa en plasma en xaxún. O resultado é positivo cando a glicemia en xaxún é igual ou superior a 126 mg/dl, como mínimo en dúas determinacións, ou ben cando a curva de glicemia dá valores iguais ou superiores a 200 mg/dl ao cabo de dúas horas e en calquera outro punto. Tamén se pode determinar mediante a proba de tolerancia da glicosa en plasma. Os síntomas xerais adoitan ser a secreción excesiva de urina (poliuria), a sede intensa (polidipsia), o adelgazamento e un apetito excesivo (polifaxia). No transcurso da diabete poden aparecer diversas complicacións: unha microanxiopatía, ou lesión dos vasos sanguíneos pequenos, que se manifesta sobre todo na retina (retinopatía diabética), nos riles (nefropatía diabética) e nos nervios (neuropatía diabética);...
-
Enfermidade caracterizada por unha alteración na regulación hidrosalina do organismo. O síntoma principal é o exceso de eliminación urinaria (poliuria intensa), polo déficit na capacidade de concentración dos ouriños. A forma máis xenuína ten como causa un déficit na secreción da hormona antidiurética por parte da hipófise.
-
Diabete propia de persoas obesas con diabete química, nas que a curva de glicemia se normaliza cando recuperan o peso ideal.
-
Síndrome caracterizada por un trastorno do metabolismo dos hidratos de carbono, no que a glicosa non pode entrar nas células para ser utilizada, de xeito que se produce un aumento da concentración de glicosa en sangue (hiperglicemia) e a aparición de glicosa nos ouriños (glicosuria), como resultado dunha produción inadecuada ou dunha mala utilización da insulina. Hai dous tipos: a tipo I, xuvenil ou insulinodependente (DMID), e a tipo II, do adulto ou non insulinodependente (DMNID). Na diabete tipo I prodúcese unha destrución das células β do páncreas que implica unha carencia total da hormona. É de causa descoñecida e adoita aparecer antes dos 25 anos en individuos xeneticamente susceptibles, nos que determinados factores desencadean un proceso autoinmune que reduce o volume destas células. A administración esóxena de insulina resolve os trastornos bioquímicos. Na diabete tipo II, aínda que hai secreción de insulina por parte do páncreas, esta resulta insuficiente...
-
Diabete propia de persoas con pai, nai ou cun irmán bivitelino diabéticos.
-
Diabete que se dá asintomaticamente en persoas que presentan unha curva de glicemia patolóxica. Coñécese tamén co nome de intolerancia á glicosa.
-
Enfermidade metabólica rara na que o organismo excreta cantidades anormalmente elevadas de glicosa na urina, mentres que o nivel desta substancia en sangue é normal. Prodúcese cando a glicosa filtrada no glomérulo non pode ser reabsorvida no tubo renal como consecuencia dun trastorno enzimático no tecido renal. Tamén se denomina glicosuria renal.
-
Diabete ocasionada por outras enfermidades como a hemocromatose, a acromegalia, a enfermidade ou síndrome de Cushing, o feocromocitoma, o hipertiroidismo e certas pancreopatías.
-
Diabete que aparece durante a xestación nalgunhas mulleres que anteriormente non foron diagnosticadas como diabéticas, provocada polo efecto bloqueador dalgunhas hormonas producidas pola placenta sobre a insulina. Na maioría dos casos desaparece despois do parto, pero pode reaparecer en embarazos posteriores.
-
-
-
Relativo ou pertencente á diabete.
-
Que ou quen padece diabete.
-
-
PERSOEIRO
Poetisa estadounidense. Estudiou na Amherst Academy e no Mount Holyoke Female Seminary. Cara aos trinta anos, o seu desinterese polo mundo exterior levouna a recluírse na casa paterna e a limitar os seus contactos, aínda que mantivo múltiples relacións persoais e literarias a través dunha correspondencia regular. A súa obra trata diferentes temas coma o amor, a natureza, a relixión, a moral, a preocupación pola vocación literaria, a fama, a morte ou a inmortalidade, a través de imaxes que reflicten con frecuencia un intenso conflito interior. Tivo unha grande influencia na poesía do s XX e a maior parte das súas composicións son curtos poemas líricos formados por dous cuartetos, que introducen unha expresión innovadora baseada nunha sintaxe complexa orixinal e, ás veces, agramatical, con versos sen rima, rupturas métricas, metáforas non convencionais ou xuízos aforísticos. Dos poemas que se lle atribúen, só se publicaron en vida sete. A primeira compilación póstuma foi editada por T. W....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romano. Casou coa filla de Cicerón e colaborou con César na conquista das Galias e na guerra civil contra Pompeio. Nomeado tribuno (47 a C), recibiu o consulado á morte de César. Foi encargado do goberno de Siria, e ao ser derrotado por Gaio Casio, un dos asasinos de César, suicidouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e empresario. Licenciado en Veterinaria pola Universidad de León, foi presidente do Sindicato da Gandería durante a ditadura franquista e xerente de GAPER e de Sociedades Agrarias de Transformación. Presidente do comité local de Alianza Popular (AP) desde 1981, foi deputado pola Coruña no I Parlamento galego (1981-1985) e deputado por Coalición Popular no Congreso na III lexislatura (1986-1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerreiro xudeu, cuarto fillo do sacerdote Matatías. Conta a tradición que na Batalla de Betzavaría (162 a C), ao N de Betsur, para liberar o seu pobo meteuse debaixo dun elefante, que creu ser a cabalgadura do Rei Antíoco Aupátor, e cravoulle a espada; o animal morreu pero, ao caer enriba del, esmagouno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome antigo de Lumbumbashi.
-
CIDADES
Cidade dos EE UU, no estado de New Jersey, situada na baía de Newark (110.000 h [1990]). Forma parte da área metropolitana de Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo arquitectónico inglés que tivo o seu desenvolvemento entre 1558 e 1603 durante o reinado de Isabel I. Combinou os elementos góticos, como as ventás con maineis, e os renacentistas, como a simetría das fachadas.
-
ENTRADA LARGA
Federación de sete estados independentes da costa oriental da Península Arábiga. Limita ao N con Qatar e o Golfo Pérsico, ao L con Omán e o golfo de Omán, e ao S e O con Arabia Saudí (83.600 km2; 2.900.000 [estim 2000]). Esténdese entre os 27° e os 22° de latitude N e os 51° e os 57° de lonxitude L. A capital é Abū Zabī.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo ondulado é na súa maior parte desértico, con escasos oasis e wadis (leitos de ríos secos e pedregosos). Na liña costeira, por mor da escasa profundidade da auga, fórmanse numerosas illas coralinas e bancos de area. O clima é desértico, moi árido e con temperaturas elevadas.
Medio ambiente
A fauna e flora é a típica de dunas, chairas salinas e oasis, onde destacan pola súa singularidade e escaseza, algúns mamíferos como o antílope arábigo e o caracal. Na costa, as praias intercálanse con enseadas, onde aparecen formacións de mangleiros, que constitúen importantes puntos...