"Ava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 621.

  • Certame convocado polo Concello de Ferrol a partir de 1983. O fin foi o de constituír unha colección galega de gravado contemporáneo, conservada e incrementada despois de cada edición polo Arquivo Calcográfico Ferrolán. Non ten carácter anual e dos premios destaca o extraordinario para a especialidade de linóleo. As obras premiadas pasan a formar parte do Museo Municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi alcalde maior de Ferrol (1835), xuíz en Madrid (1836) e maxistrado en Zaragoza (1837). Foi deputado a Cortes por Ontinyent (València), ministro de Gracia e Xustiza (1843-1846) e presidente do Congreso (1848-1851). Nomeado ministro de Estado en 1854, retirouse da política durante o Bienio Progresista (1854-1856), ata que volveu ser ministro de Gracia e Xustiza (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afloramento granítico de grao medio situado en Meira (Moaña), inmediato á torre medieval. A rocha principal é ampla e contén trazos rectilíneos e cruciformes, así como tres motivos de representación da custodia. Ao NO, noutra rocha do mesmo afloramento, localízase un motivo illado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que é coñecido o río Vltava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Carballido (Lugo). O seu cumio acada os 534 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado no Campo de Calatrava e regado polo río Jabalón (5.225 h [2001]). A economía baséase na agricultura, na gandaría e nas industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Moravia, República Checa, afluente do Danubio pola esquerda (378 km). Nace na vertente S do macizo de Śnežnik, no Sudety, preto da fronteira polaca, e baña a ampla depresión de Moravia. Recibe o afluente principal, o Dyje, e desemboca no Danubio pouco antes de Bratislava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Serbia, Serbia e Montenegro, afluente do Danubio pola dereita (616 km). Fórmase pola unión do Morava do Sur (de máis de 300 km) e do Morava do Oeste (de case 300 km), que se unen en Stalać. Uns 245 km despois da súa unión conflúe no Danubio, augas abaixo de Smederevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo SO da parroquia de Casoio (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.633 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Influído polo neoexpresionismo, traballou co pintor Luis Rodríguez Gordillo nos Talleres de Arte Actual de Madrid. Seguidor do neohumanismo, ao que engadiu o horror vacui e o linealismo clasicista, amosou interese polas formas abstractas. Nas súas obras creou espazos propios para a narración pictórica e pintou mundos de ensoñación con figuras inconcretas inmersas en espazos infinitos. Destacan Máquinas (1983), Tempos de pintura (1985), Nocturno cidade (1990), Bazar (1991) e Sol entre árbores (1990-1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado na casa de turismo rural A Rectoral de Artes (Ribeira). Naceu pola iniciativa do seu propietario Javier Expósito para mostrar a súa colección particular. Mostra gravados de autores desde o s XV ata a actualidade. Xestionado pola Fundación do Museo do Gravado e da Estampa Dixital de Artes, entre os seus obxectivos atópase o de actuar como centro de promoción das técnicas dixitais aplicadas á estampa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias, situado ao L de Oviedo e regado polo río Piloña (5.406 h [2001]). É un termo dedicado principalmente á agricultura de regadío e á gandaría con industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, situado entre os ríos Eresma e Voltoya (2.624 h [2001]). A súa economía céntrase na agricultura e na gandaría. Posúe industrias alimentarias e de materiais para a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Valladolid, Castela e León, regado polo río Trabancos, afluente do Duero (2.163 h [2001]). É cabeza de comarca e os seus recursos económicos proveñen da agricultura, a gandaría e as industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e poeta, segundo conde de Noroña (1792). Durante a guerra contra a Revolución Francesa ascendeu a comandante (1792) e coronel (1793). Foi segundo comandante do exército e Reino de Galicia e, como tenente xeneral, mandou unha división durante a Guerra da Independencia (1808-1814) e defendeu Pontesampaio fronte ao xeneral M. Ney. Apoiou a postura do marqués de La Romana á fronte da Xunta Suprema de Galicia. Escribiu Poesías (1799) e Poesías asiáticas (1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto de montaña e municipio pertencente á provincia de Madrid (1.953 h [2001]), situado no Sistema Central, na serra de Guadarrama, no límite das provincias de Madrid e Segovia. Situado a 1.849 m de altitude, conta cunha estación de esquí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado en Las Hurdes e regado polo río Jerte (2.170 h [2001]). A súa economía céntrase na agricultura e nas industrias que se derivan dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Coñecido como Naugerius, foi cronista oficial da República de Venecia (1516), e foi enviado por esta como embaixador ante o Emperador Carlos V (1525-1526) e posteriormente ante Francisco I de Francia (1528). Escribiu as súas impresións da viaxe en Viaggio fatto in Spagna ed in Francia (1563).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado nos montes de Toledo, preto do encoro de El Torcón (4.015 h [2001]). É un termo rico en bosques e cultivos extensivos de cereais, oliveiras e legumes. A gandaría, de la e porcino, e a elaboración de aceite complementan a súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo navajo.

    2. Individuo do pobo navajo.

    3. Pobo indíxena de América do Norte, un dos máis numerosos e dinámicos, que viven en grandes reservas nos estados de Novo México e Arizona. Son agricultores sedentarios e gandeiros, e entre eles as mulleres tiñan unha gran consideración social.

    4. Lingua do phylum na-dené da familia atapascana que se fala sobre todo nos estados de Arizona e Novo México. É a lingua indíxena con máis vitalidade en EE UU e conta con dicionarios e gramáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO