"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
A Empresa Nacional Bazán de Construcións Navais Militares, propiedade do Instituto Nacional de Industria (INI), con sede en Madrid, fundouse o 11 de xullo de 1947. Basea a súa produción nas necesidades da Armada española, distribuíndo os seus estaleiros entre Ferrol, Cádiz, Cartagena e Sestao. As orixes da empresa sitúanse en La Naval, Sociedad Española de Construción Naval, que se beneficiou do Real Decreto do 21 de abril de 1907, polo que se aprobaba un plan para a modernización da Armada española e cedía os arsenais de Ferrol e Cartagena á empresa construtora. Non obstante , nos primeiros anos da década dos corenta liquidouse o contrato que o Estado mantiña con La Naval, co obxecto de nacionalizar a industria naval militar, para o que se creou o Consello Ordenador de Construcións Navais Militares, de carácter plenamente estatal. Nese momento, traspasáronse as propiedades de La Naval á Empresa Nacional Bazán. En 1956, en virtude do Tratado de Cooperación e Axuda Mutua asinado entre España...
-
GALICIA
Xurista e crego ilustrado e liberal de tendencia afrancesada. Accedeu ao grao de doutor en Leis no 1782. Un ano máis tarde comezou a amosar a súa inclinación cara ao despotismo ilustrado de Carlos III. Durante a súa estancia en Madrid foi censor e fiscal da Audiencia de Dereito Público e Español. En 1801 accedeu á cátedra de Institucións Civís na Universidade de Santiago de Compostela. Baixo o reinado de Carlos IV constituíu en Santiago un grupo de acción política con tendencias afrancesadas que tiñan como centro de reunión o Colexio San Xerome, o que lle supuxo inimizades e conflitos no ámbito universitario. No ano 1807 asumiu a cátedra de Historia e Elementos de Dereito Español, da que foi desprovisto en 1808 ao non adherirse ao Batallón Literario de Santiago de Compostela. Coa entrada das tropas francesas en Santiago de Compostela (17.1.1809) foi restituído na súa cátedra e asumiu diferentes cargos públicos no concello. Tivo que fuxir cos franceses cando as tropas de La Carrera entraron...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Capitán xeneral da armada, primeiro marqués de Santa Cruz. Combateu os corsarios franceses (1554), encargouse da vixilancia do estreito de Xibraltar (1561) e conquistou Tunes (1573). Na batalla de Lepanto contribuíu decisivamente á vitoria; durante a guerra de Portugal dirixiu as operacións navais e Filipe II encargoulle os preparativos da expedición da Armada Invencible para a invasión de Inglaterra (1588), pero morreu antes de levala a termo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Establecemento comercial no que se venden artículos variados.
-
Mercado público nos países de Oriente Próximo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rego principal dos que forman a cabeceira do río Xallas. Nace nos montes do Castelo, na parroquia de Seavia (Coristanco) no límite coa de Bazar (Santa Comba), onde desemboca.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Líder carbonario francés. Entrou en contacto coa doutrina de Saint-Simon no ano 1825. Foi redactor de Produteur (1825-1826), de Organisateur (1828-1839) e do Globe (1831). Xunto con Enfantin foi cabeza do Saint-simonisme dende o mes de decembro de 1829; tamén foi un dos seus principais teóricos, como demostrou na súa Doctrine de Saint-Simon: exposition (Doutrina de Saint-Simon: exposición, 1829). A consecuencia de diverxencias doutrinais, cara a decembro de 1831 deixou o cargo que compartía con Barthélemy-Prosper Enfantin.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto ruso de formación francesa. Realizou, en estilo clásico, un proxecto de reconstrución total do Kremlin de Moscova (1772) que non foi levado a cabo. É autor do Novo Arsenal de Leningrado (1768 -1769). A súa obra mestra é a casa Pahkov (1784-1786), máis tarde denominada biblioteca Lenin.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. En 1862 marchou a París, onde traballou no taller de Charles Gleyre, e no que coñeceu a Monet, Renoir e Sisley. Formou con eles o Grupo dos Catro, primitivo grupo impresionista. A súa obra é luminosa e ten moitos puntos de contacto coa pre-impresionista de Manet. Realizou pintura figurativa máis que paisaxe, como no Bosque de Fointanebleau (1865) ou Reunión de familia (1867), a súa obra máis coñecida. Morreu na guerra franco-prusiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico cinematográfico francés. Colaborou na revista Esprit e fundou, xunto con Doniol-Valcroze, os Cahiers du Cinéma. Pódese considerar o pai espiritual da Nouvelle Vague. Publicou Orson Welles (1950), Vittorio de Sica (1951), O western (1952) e Que é o cine?
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e teórico da arte francés. Foi o encargado de conservar as obras pitóricas no Musée du Louvre. Exerceu tamén como profesor da escola do Louvre (1941). É autor de diversas obras, como Histoire de l´art (Historia da arte, 1953) e Histoire de l´avant-garde en peinture (Historia da vangarda en pintura, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jean Pierre Hervé-Bazin.
-
PERSOEIRO
Novelista francés. As súas obras, de carácter moralizador, exaltan a tradición e a patria; entre elas destacan: Stéphanette (1884), Une tache d´encre (Unha mancha de tinta, 1888), La terre qui meurt (A terra que morre, 1889) e Magnificat (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de forma ovoide situado na profundidade do hipocondrio esquerdo, no abdome dos animais vertebrados. Limita por riba co diafragma, por detrás co estómago e por debaixo co ril esquerdo e o mesocolon transverso. É dunha cor vermella e pesa uns 200 g. Intervén, entre outras funcións, na linfopoese e na desintegración dos eritrocitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Castela. As súas armas levan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de sinople, unha torre de pedra e, saíndo da súa homenaxe, unha bandeira branca cargada dunha cruz de goles; segunda, en campo de azul, trece estrelas de ouro e no alto, dúas medias lúas de prata, mirándose as puntas; terceiro cuartel, en campo de azul, un carballo ao natural cun oso da súa cor atado ao tronco con cadeas de ferro e bordo de goles con oito veneras de ouro.
-
-
De cor moura amarelenta.
-
Que carece de brillo.
-
-
-
Mestura de restos de comida.
-
Sobras da comida que se daban aos pobres en conventos e casas de caridade.
-
Comida mal preparada ou de baixa calidade.
-
Cousa noxenta ou desprezable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
lanzagranadas.