"BOL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
PERSOEIRO
Físico e químico. Desde 1910 foi profesor de Física e Química na Universidade de Yale, onde descubriu o ionio isótopo do torio e produto da desintegración do uranio. En 1907, e grazas a unha suxerencia feita por Rutherford, conseguiu calcular a idade dos minerais segundo o seu contido de chumbo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constante fundamental da Física, de grande importancia en mecánica estatística. É o resultado do cociente entre a constante dos gases R e o número de Avogadro N<J>A</J>:k = R/N<J>A</J>, e o seu valor é k = 1,380662·10-23 J·K-1.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación do transporte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión que relaciona a entropía S dun sistema (magnitude macroscópica) e o número de estados microscópicos accesibles polo sistema, W (magnitude microscópica): S=k·1nW, onde k é a constante de Boltzmann. No cero absoluto (T=0K) todas as partículas do sistema están no estado fundamental e S=0, o que está de acordo co terceiro principio da termodinámica (ou teorema de Nernst).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei de Stefan-Boltzmann.
-
PERSOEIRO
Físico. Desenvolveu, xunto con J. W. Gibbs e J. C. Maxwell, a Mecánica Estatística. Foi profesor de Física en Graz, Múnic, Leipzig e Viena desde 1895 ata o seu suicidio, en 1906. Inspirado polos traballos de Maxwell, interpretou as leis da Termodinámica a partir da Mecánica das moléculas e con métodos estatísticos. O seu teorema H (1877) permitiu explicar o segundo principio da Termodinámica. Enunciou o principio da equipartición da enerxía e demostrou teoricamente a lei experimental de Stefan, que pasou a chamarse lei de Stefan-Boltzmann, a partir do ciclo de Carnot (1884). Entre as súas obras cómpre salientar Leccións sobre a teoría electromagnética de Maxwell, Teoría cinética dos gases (1895-99) e Leccións sobre os principios da Mecánica (1904)
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía, situada na rexión da Costa do Mar Negro (10.575 km2; 537.300 h [1990]). A capital é Bolu (60.600 h [1990]).
-
-
Relativo ou pertencente ao bolxevismo.
-
Partidario do bolxevismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facción do movemento socialista ruso, dirixida por Lenin, que en 1903 conseguiu o control do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia. No segundo congreso do partido, celebrado en Bruxelas e en Londres (xullo-agosto de 1903), enfrontáronse dúas concepcións contrapostas: Lenin quería un partido reducido e disciplinado de revolucionarios profesionais (a vangarda do proletariado); Martov e Pavel Aksel’rod avogaban por un partido de base ampla segundo o modelo dos partidos socialdemócratas europeos. Lenin foi o derrotado no referente aos estatutos. O seu grupo, sen embargo, obtivo a maioría na designación dos cargos do partido. De aquí vén o nome de bolxeviques (maioritarios) para os partidarios de Lenin e o nome de menxeviques (minoritarios) para os de Martov. Os dous grupos separáronse na Conferencia de Praga (1912). En 1914 pronunciáronse contra a Primeira Guerra mundial. Os bolxeviques constituíronse en partido independente e, en maio, publicaron o seu periódico Pravda....
-
PERSOEIRO
Matemático, astrónomo e escritor húngaro. Calculou as órbitas de varios cometas, traballou nas bases da Xeometría e publicou no 1832 Tentamen iuventutem studiosam in elementa matheseos purae elementaris (Intento de presentar á mocidade estudosa os elementos das Matemáticas puras). No eido da literatura publicou Öt szmorújáték (Cinco traxedias, 1817) e Párisi per (Proceso en París, 1818).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático húngaro. Fillo de F. W. Bolyai, foi un dos fundadores da Xeometría non euclidiana. Publicou o seu primeiro traballo como apéndice da obra do seu pai Tentamen iuventutem studiosam in elementa matheseos purae elementaris (Intento de presentar á mocidade estudosa os elementos das Matemáticas puras, 1832).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome italiano de Bozen.
-
PERSOEIRO
Filósofo, teólogo e matemático. Sacerdote católico, estudiou e foi profesor na Universidade de Praga ata que tivo que abandonala en 1819 polas súas ideas pacifistas. Oposto ao idealismo kantiano, desenvolveu unha filosofía científica coa súa concepción da Lóxica como estudo das Sätze an sich (‘proposicións como tales’) en tanto que algo obxectivo, e coa súa contribución á fundamentación das Matemáticas. Descubriu e levou a cabo estudios sobre os paradoxos do infinito formulados clasicamente por G. Cantor. As súas obras máis importantes son Wissenschaftslehre (Teoría da ciencia, 1837) e Paradoxien des Unendlichen (Paradoxos do infinito, 1851).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que establece que se y(x) é unha función real continua no intervalo pechado [a,b] da recta real e nos extremos colle os valores y(a) e y(b), de signos opostos, como mínimo anúlase nun punto interior de [a,b].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que establece que a función y(x) é converxente en xDη se, e soamente se, para cada número
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema empregado no estudo de máximos e mínimos. Afirma que para unha función y(x) continua no intervalo pechado [a,b] da recta, hai un valor que é máximo absoluto e outro que é mínimo absoluto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema referido á existencia de series de funcións. Afirma que todo conxunto real pechado, cun número infinito de puntos, ten como mínimo un punto de acumulación; isto é, que se pode extraer unha sucesión de puntos converxente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de danza da Academia Oficial de Ballet e de Ópera. Foi fundada en Moscova no 1776 e entre os anos 1820 e 1830 desenvolveu un papel determinante na creación do ballet nacional ruso. Despois da revolución de 1917 conservou o seu carácter oficial e ampliou a súa proxección internacional. Debido á disolución da Unión Soviética e á fuxida dos seus mellores artistas cara a Occidente, atravesa unha crise importante.
-
-
Froito acedo e comestible que dá a caramboleira. É unha baga dividida en cinco celas, de cor amarela verdosa, que ten unha sección transversal en forma de estrela. Caracterízase polo seu sabor agridoce que a fai ideal para macedonias e bebidas refrescantes. Tamén se emprega como aderezo.
-
Xogada de billar que consiste en tocar coa bóla que se golpea as outras dúas bólas, ou a unha soa e esta, á súa vez, á terceira.
-
Dobre efecto, conseguido por sorte e non por habilidade, que resulta dunha soa acción.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
[Averrhoa carambola, Fam das oxalidáceas]