"Cis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1012.

    1. Estadio do desenvolvemento embrionario dos trematodos no que o embrión se enquista despois de entrar dentro do hospedeiro intermediario.

    2. Estadio da formación das esporas que precede á súa liberación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Foi coñecido como Espoz y Mina, apelido do seu pai que adoptou durante a Guerra da Independencia, na que participou á fronte das guerrillas de Navarra e na toma de Zaragoza. Tralo regreso de Fernando VII liderou un pronunciamento liberal en Pamplona (1814) que non tivo éxito polo que se viu obrigado a exiliarse. Regresou durante o Trienio Constitucional, período no que foi capitán xeral de Galicia (1821) e de Catalunya, e dedicouse a combater as partidas absolutistas. A volta de Fernando VII supuxo o seu exilio a Francia, onde permaneceu ata 1834 e dende onde realizou algunhas incursións en España para atentar contra o absolutismo. Amnistiado por María Cristina de Borbón, foi vicerrei de Navarra (1834-1835) e capitán xeral de Catalunya (1835-1836), cargos dende os que combateu o carlismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Espoz e Ilundain.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano hidroestático do equilibrio que está presente en moitos invertebrados. Cada estatocisto está constituído por unha cavidade central, chea de líquido, delimitada por unha parede de células sensoriais ciliadas, cos cilios dirixidos cara á cavidade central. No interior da cavidade central hai uns corpúsculos móbiles chamados estatólitos, formados por gránulos de carbonato cálcico, de area ou doutros materiais, que, segundo a posición do animal no espacio, descansan sobre unhas células ou outras da parede, e estimulan os diferentes cilios das células; deste xeito proporciónanlle información ao animal sobre a posición do corpo, ou dunha parte do mesmo. Os canais semicirculares do oído dos vertebrados teñen unha función semellante. Tamén se denomina otocisto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que afirma que na arte predominan os principios estéticos.

    2. Teoría da arte elaborada por I. Kant que afirma que a filosofía da arte é independente de calquera outra forma filosófica e que a arte só pode xulgarse coas súas normas. Esta doutrina concretouse na actitude da arte pola arte que culminou no movemento esteticista do Reino Unido a finais do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao esteticismo.

    2. Seguidor ou partidario do esteticismo.

    3. Persoa especializada en cosmética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Emigrou á Arxentina e ingresou no convento de Santo Domingo de Bos Aires en 1858. Ordenado sacerdote en 1863, graduouse en teoloxía en Roma. Regresou a Bos Aires e ocupou os cargos de mestre de novicios e estudiantes e lector de teoloxía no convento de San Telmo. Foi prior no convento de Córdoba entre 1883 e 1886. Publicou La Devoción y la Cofradía del Santísimo Nombre de Jesús (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófica nacida a finais do s IV a C e que se desenvolveu ata finais do s III d C. Distínguense o estoicismo antigo, representado por Zenón de Citio, Cleantes e Crisipo; o estoicismo medio, representado por Panecio e Posidonio; e o estoicismo novo ou estoicismo imperial, representado polos filósofos romanos Séneca, Epic22teto e o Emperador Marco Aurelio. Das tres partes da filosofía, a ética é a que ocupa o lugar máis elevado. A súa teoría ética pretendeu a chegada ao exercicio constante da virtude ou eudemonia a través da autosuficiencia, da aceptación con serenidade do destino e da loita contra as paixóns que producen intranquilidade; para iso, o home non debe procurar o pracer nin o benestar externo. Afirmaron que o máis importante mandato ético era vivir segundo a natureza, de acordo coa razón. Os seus estudios sobre lóxica foron a primeira teoría profunda sobre a linguaxe humana. Outros autores que seguiron esta doutrina foron Aristón de Quío, Hesilo de Cartago e Dióxenes...

    2. alor ou coraxe para soportar as desgracias e as adversidades con indiferenza ou conformidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronuncia erasmiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos anglosaxóns (979-1013 e 1014-1016), fillo de Edgar I de Wessex. Accedeu ao trono tralo asasinato do seu irmán Eduardo II o Santo (978). En 1002 mandou matar a todos os descendentes de daneses que vivían en Inglaterra co fin de acabar coa axuda ás continuas razzias dos viquingos. Non obstante , en 1013 o Rei Svend de Dinamarca conquistou os seus territorios, polo que se viu obrigado a refuxiarse nas terras do seu sogro, o duque de Normandie. Recuperou o seu reino en 1014.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude ou tendencia euroescéptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación cirúrxica de extirpación mediante corte dunha parte dun órgano, tecido ou outra estrutura anatómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á cerámica realizada á man e decorada mediante a extracción, antes da cocción, de parte da pasta para lograr debuxos en resalte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Crego que recibiu a orde do exorcistado.

    2. Persoa que exorciza. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na Igrexa latina, terceira das ordes menores, procedente do baixo-diaconado, que faculta para practicar exorcismos. Recíbese despois das do ostiariado e do lectorado; co tempo converteuse en simple grao para chegar ao presbiterado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atril de grandes dimensións que sostén os libros de canto nas igrexas. Sitúase xeralmente no coro e adoita ser xiratorio; pode ter dúas ou catro caras, adoptando entón a forma trocopiramidal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. Fixo dúas expedicións de Cumaná ao río Chuspa (1555-1557) e fundou Rosario e o poboado que posteriormente deu orixe a Caracas (1559).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmógrafo portugués. Ao servizo da monarquía hispánica desde 1517, traballou en Sevilla nos proxectos de circunnavegación de F. de Magalhães. Foi o autor de Tratado de la sphera y del arte de marear (1535).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Realizou un lenzo co tema da Adoración dos Reis para o refectorio do mosteiro de San Martiño Pinario (1671).

    VER O DETALLE DO TERMO