facistol
facistol
(< occit faldestol < al faldistol)
s
m
[ARTE]
Atril de grandes dimensións que sostén os libros de canto nas igrexas. Sitúase xeralmente no coro e adoita ser xiratorio; pode ter dúas ou catro caras, adoptando entón a forma trocopiramidal.