Facio, Ángel
Director de escena. Profesor da Escuela Superior de Arte Dramático de Murcia, iniciou a súa carreira no teatro universitario. En 1965 creou a compañía Los Goliardos, pioneira do teatro independente español, coa que realizou espectáculos como Ceremonia por un negro asesinado (1965), a partir do texto homónimo de Fernando Arrabal, ou La boda de los pequeños burgueses (1971), segundo a obra de Brecht. Logo da desaparición de Los Goliardos, traballou en Portugal, Colombia e Polonia, e, en 1981, fundou Teatro del Aire, compañía coa que presentou en 1984 unha versión de La Celestina. Tamén traballou para o Centro Dramático Nacional, co que realizou espectáculos baseados en textos de Calderón de la Barca e Carl Sternheim. Foi membro do consello de redacción da revista Primer Acto.
Cronoloxía
-
Nacemento