"Dal" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 544.

  • GALICIA

    Militar e escritor. Residiu en Filipinas, onde se posicionou a prol das tendencias separatistas. Así, colaborou co semanario La Solidaridad, voceiro de José Rizal Mercado e dos seus partidarios nas illas. Publicou Geografía general del archipiélago filipino (1872), El trovador del Ulla (1880) e Héroes de Filipinas (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e escritor. Foi coronel de infantaría e especializouse na elaboración de monografías históricas. Colaborador de Eco de Galicia e Galicia Moderna, publicou Peñafiel (1880), Horas de insomnio (1886), unha serie de contos e lendas, que se editaron como folletín en El Correo Gallego, e El collar de perlas (1908). Tamén escribiu algunhas composicións en galego, entre elas “Unha alma que se vai” (1907). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza ou parte dunha peza, especialmente concibida para ser accionada co pé, que permite gobernar unha máquina (como os dunha máquina ferramenta), accionar un dispositivo ou un mecanismo (coma os do embrague ou os do freo dun automóbil) ou imprimir un movemento circular (como as dun velocípede) ou alternativo (como o dos antigos tornos de bésta).

    2. Mecanismo disposto nunha vía de ferrocarril que, ao ser accionado polas rodas do primeiro eixe dunha locomotora ou polas do último eixe do vagón de cola, provoca un cambio nos sinais de bloqueo.

      1. Nota que se prolonga durante algún tempo e que non forma parte necesariamente das notas dun acorde.

      2. Mecanismo accionado co pé que forma parte de varios instrumentos musicais e que permite alterar o son ou facilitar a execución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos impulsos que se lle dá a un pedal co pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pór en funcionamento un mecanismo ao accionar o pedal que lle transmite movemento ou que fai funcionar outras partes.

    2. Andar en bicicleta mediante o impulso dos seus pedais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teclado de pedais do órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de pedalear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pedaliáceas.

    2. Planta da familia das pedaliáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, da orde das escrofulariáceas, que presentan pelos secretores de mucilaxe, de follas simples opostas, de flores cigomorfas, infundibuliforme e co xineceo bicarpelar, e de froitos en cápsula ou en aquenio, a miúdo apendiculados. Son propias das rexións cálidas de Europa, Asia e África. Ten importancia como planta oleaxinosa o sésamo, Sesamum indicum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Carlín (Friol). O seu cumio acada os 597 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador occitano. Activo entre 1183 e 1204, estivo nas cortes de Ramón V de Tolosa, Barral dos Baus, Afonso II Aragón e pode que tamén na de Afonso VIII de Galicia e León. Viaxou por Palestina, Italia, Hungría e Malta. Posuíu unha personalidade poética chea de enxeño e de agudeza, hábil na caricatrura e na parodia. Del consérvanse 45 cantigas, trece con música, de estilo sinxelo e claro que o achegan ao trobar leu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Quintá (As Nogais). O seu cumio acada os 1.071 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Traveseiro que se emprega para pendurar o porco polas patas traseiras, despois de matalo, co propósito de abrilo e deixar que arrefríe.

    2. Pau que se utiliza de apoio para que algo non caia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, realizou estudos de dereito. Foi deputado no Parlamento galego (1980-1997), director xeral de Relacións Institucionais (1983-1986), vicepresidente (1986) e presidente (1986-1989) do Parlamento galego, concelleiro en Ourense (1990), deputado na Deputación de Ourense (1990), senador (1990-1991), conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes (1991-1997) e vicepresidente da Conferencia Nacional de Agricultura (1994-1997). Foi patrón da Fundación Ferial Semana Verde de Galicia (1991-1997), conselleiro do IGAPE (1991-1997) e membro dos consellos reitores de diversos parques naturais de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, as medallas de ouro de Feiraco, Irmandiños, Semana Verde e Ternera Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e montañeiro, marqués de Villaviciosa de Asturias. Primeiro medallista olímpico español, obtivo a medalla de prata en tiro na II Olimpíada (París 1900). Impulsor do Parque Nacional de Covadonga, foi o primeiro en escalar o Naranjo de Bulnes, con Gregorio Pérez (1904). Escribiu El Naranjo de Bulnes. Peña Santa (1919) e Política al alcance de todos (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor, primeiro marqués de Pidal. Liberal, foi ministro da Gobernación do Reino da Península e Illas Adxacentes (1844-1846), da Gobernación (1846-1847), do Estado (1849-1851) e de Estado e Ultramar (1856-1857). Escribiu varios estudos sobre literatura castelá medieval, como El cancionero de Juan Alfonso de Baena (siglo XV) (1851), en colaboración con Eugenio de Ochoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Pedro José Pidal Carniado. Católico sen concesións, situouse a medio camiño entre o carlismo e a fidelidade á monarquía afonsina, que acabou aceptando. Foi ministro de Fomento con A. Cánovas del Castillo (1884-1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao pinacoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á pirámide.

    2. Que ten forma de pirámide.

    3. Cada un dos fascículos de fibras nerviosas descendentes nos cordóns anterior e lateral da medula espiñal.

    4. Músculo situado no dorso do nariz, no cello, antagonista do frontal.

    5. Músculo situado na rexión glútea, que se insire no sacro e no trocánter maior, e que funciona como rotatorio e abdutor do fémur.

    6. Terceiro óso da primeira fila do carpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan de reforma educativa elaborado polo ministro de Gobernación P. J. Pidal en 1845. Ordenaba os estudos de bacharelato e universitarios segundo criterios moderados e liberais trazados polo duque de Rivas, afirmando ademais a uniformidade, a centralización, a secularización e o monopolio estatal no ensino universitario (os reitores pasaban a ser nomeados pola coroa). No segundo ensino distinguíase entre o ciclo elemental e o de ampliación e entre institutos de primeira, segunda e terceira clase. Os institutos de primeira clase creados nas cidades universitarias, como Santiago de Compsotela, estaban agregados á universidade ou facultades de filosofía. No terceiro ensino distinguíanse entre estudos nas facultades maiores (teoloxía, xurisprudencia, medicina, todas con sete anos, e farmacia con cinco, ademais dos estudos propedéuticos de filosofía), estudos superiores (só na Universidad Central) para ser doutor (en letras e en ciencias), e estudos especiais, orientacións que posteriormente...

    VER O DETALLE DO TERMO