pedal

pedal

(< pedāle ‘do pé’)

  1. s m [TECNOL]

    Peza ou parte dunha peza, especialmente concibida para ser accionada co pé, que permite gobernar unha máquina (como os dunha máquina ferramenta), accionar un dispositivo ou un mecanismo (coma os do embrague ou os do freo dun automóbil) ou imprimir un movemento circular (como as dun velocípede) ou alternativo (como o dos antigos tornos de bésta).

  2. s m [TRANSP]

    Mecanismo disposto nunha vía de ferrocarril que, ao ser accionado polas rodas do primeiro eixe dunha locomotora ou polas do último eixe do vagón de cola, provoca un cambio nos sinais de bloqueo.

  3. s m [MÚS]
    1. Nota que se prolonga durante algún tempo e que non forma parte necesariamente das notas dun acorde.

    2. Mecanismo accionado co pé que forma parte de varios instrumentos musicais e que permite alterar o son ou facilitar a execución.

Palabras veciñas

pedagogo -ga | pedagoxía | pedagóxico -ca | pedal | pedalada | pedalear | pedaleiro