"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Sociedade cultural creada en 1967 por un grupo de mozos ourensáns encabezados por Pedro Merino Gómez e Santiago Docampo Figueiral co fin de espallar a cultura galega. Axiña se adheriron a ela galeguistas como Otero Pedrayo, nomeado presidente de honor, xunto a outros intelectuais ourensáns como Xesús Ferro Couselo, Xaquín Lourenzo Fernández, Bieito Fernández Alvárez, Eleuterio González Salgado, Salvador Rey Domínguez, Antón Fernández Sánchez, Carlos Guitián Rodríguez e Nemesio Barxa Álvarez. Esta agrupación desenvolveu importantes actividades culturais como a organización de debates denominados Tertulias da Auriense, cursos de lingua e literatura galega, excursións culturais e conferencias sobre temas económicos, sociais, históricos e literarios. O seu boletín interno levou o nome de Boletín da Auriense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo creado en Ourense en 1974 por un grupo de mozos procedentes da compañía Histrión 70, ao abeiro da Agrupación Cultural Auriense. O seu primeiro espectáculo naceu a partir dun texto homónimo de Jenaro Marinhas del Valle, O triángulo ateo (1974). Seguidamente, e cunha forte compoñente nacionalista e reivindicativa, estrearon Historia do home que se volveu can (1974), sobre a obra de Oswaldo Dragún; Manuel, vento indomable (1975), segundo un texto de Manuel Guede; Unha vez foi o trebón, sobre a recreación que da revolta irmandiña fixera Manuel María; O Caixón (1977) e A gran candonga (1978), a partir de textos de Millán Picouto. Nesa mesma liña, en 1975 presentaron o Recital Cabanillas e en 1976 o Recital Ferrín, Manuel María, Novoneyra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo de Australia, no Océano Índico, situado na costa meridional, ao L do cabo Otway.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agresión a un mesmo.

    2. autoinmunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biografía que un autor fai de si mesmo. Trátase dun modelo narrativo específico no que o narrador é protagonista dunha historia narrada de forma retrospectiva ou analéptica e que esixe a presenza dun destinatario -nalgúns casos pode ser un desdobramento do autor nun ti, reflexo do eu-, que xustifica a existencia do propio discurso. Estes relatos están escritos, normalmente, en primeira persoa, aínda que tamén poden estar en segunda, e mesmo en terceira persoa. Segundo Ph. Lejeune e G. May, diferénciase doutros subxéneros afíns, como a memoria e o diario, onde tamén aparecen elementos autobiográficos, en que no primeiro é prioritaria a exposición da realidade exterior e dos outros, por máis que se faga en función dun eu-narrador; e no diario, porque supón unha minuciosa constatación de feitos cotiáns, que pode implicar unha intensificación maior da expresión subxectiva, pero que é de alcance máis reducido ao non poder presentar a panorámica total dunha vida ou dun período dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á autobiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que é autora dunha autobiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reproducir mediante a autografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de técnicas tipográficas e litográficas de reprodución, nas que o molde de impresión obtense por medio dunha transferencia directa do debuxo ou da escritura por riba da prancha ou da pedra, sen a intervención da fotografía.

    2. Reprodución obtida por este procedemento.

    3. Ciencia dos autógrafos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á autografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escrito da mesma man do autor.

    2. Manuscrito dunha obra realizado polo autor da mesma. Os autógrafos dos escritores medievais son moi escasos. Xeralmente os autores ditaban as súas obras a copistas de oficio e eles limitábanse a engadir unhas palabras de salutación da súa propia man. A xenética textual valora os autógrafos na medida en que poden ser borradores que dean conta do proceso de creación dunha determinada obra.

    3. Nos documentos, as sinaturas autógrafas aparecen xa no s III en papiros exipcios, tradición que continuou en Occidente ata o s VII. Despois, ao minguar o número de persoas que sabían escribir, os nomes eran redactados polos notarios; o autor e as testemuñas só facían unha cruz, un punto ou un pequeno sinal autógrafo. O interese por recoller manuscritos autógrafos de persoas insignes data da época clásica, na que apareceu xa mencionado por Plinio o Novo. Considérase que a colección máis antiga pertenceu a Loménie de Brienne, secretario de Enrique IV de Francia. A compilación de autógrafos en forma de álbum xurdiu en primeiro lugar entre universitarios da Alemaña do s XVII, baixo os nomes de Album amicorum, Philoteca, Liber memorialis, etc. Dende hai tempo vén existindo un importante mercado de autógrafos a través de catálogos e poxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica da bioloxía molecular que consiste en recubrir unha preparación histolóxica cunha emulsión sensible, que ten algúns compoñentes marcados con elementos radioactivos.

      1. Técnica empregada para estudar a localización dun determinado elemento nun corpo que o absorba.

      2. Técnica de experimentación que consiste en colocar sobre unha placa fotográfica unha mostra radioactiva. Os cambios na película fotográfica obedecen á distribución do isótopo radiactivo, previamente introducido no organismo vivo, fixado nos tecidos sometidos a análise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dalgúns procesos estocásticos pola que o estado do proceso nun instante determinado depende linealmente dun certo número de estados anteriores e mais un termo aleatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de xenotipos diferentes na apogamia por causa da segregación xenética da primeira meiose, sexa por herdanza independente, sexa por entrecruzamento. É un caso de apomixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Antón Avilés de Taramancos (Taramancos, Noia 6.4.1935 - A Coruña 22.3.1992) Escritor. Fixo estudios de Náutica na Coruña, onde contactou co movemento galeguista de esquerdas. Emigrou despois a Colombia durante vinte anos. Neste período mantivo un silencio literario que se rompeu trala súa volta definitiva a Galicia en 1980. Nos seus últimos anos desenvolveu unha constante actividade cultural -con colaboracións en diversos medios como Grial, Dorna ou Luzes de Galiza- e política, chegando a ser concelleiro en Noia polo BNG en 1987. En 1986 foi elixido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Na súa primeira etapa publicou os poemarios As moradías do vento (1955) e A flauta i o garamelo (1959), e obtivo o Premio da Colección Brais Pinto co relato “Pequeño canto”. Despois da súa estadía americana deu ao prelo o poemario O tempo no espello (1982), que recolle toda a produción anterior á etapa americana,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de avinagrar ou avinagrarse.

    2. Que sabe a vinagre. Aplícase á bebida alcólica, especialmente o viño, que se volve agre.

    3. Aplícase á persoa de carácter rudo e áspero, caracterizada por ser negativa e que manifesta esa actitude.

    4. Dise da persoa que se anoxou, que está de mal humor.

    5. Alteración do viño producida polo desenvolvemento dunha fermentación acética. Contrólase empregando gas sulfuroso, que mantén as condicións anaeróbicas necesarias para este tipo de reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de avinagrar ou avinagrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tornar agre un viño ou outro líquido.

    2. Facer que unha persoa ou o seu carácter se tornen agres.

    3. Tornarse agre o viño ou calquera outro líquido.

    4. Tornarse irritado e alporizado o carácter de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca, onde foi alumno do profesor Xosé Luís Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ao século XVIII. É catedrático de Lingua e Literatura Castelá no IES Rafael Dieste da Coruña, cidade en que reside e onde exerceu a súa profesión desde 1989.
    Entre os seus estudos cómpre citar As coplas galegas do Padre Sarmiento (1982), Cartas de Padre Sobreira a Gómez de Ortega y Cornide (1983), A poética de Manuel Antonio (1993), en colaboración con Xosé Luís Pensado Tomé; Luís Seoane e o libro galego na Arxentina: 1937-1978 (1994), en colaboración con Xavier Seoane; Rafael Dieste: bibliografía e cronoloxía (1995), Rafael...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • elocidade excesiva na escrita, con omisión patolóxica e inconsciente de palabras ou sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO