"Gad" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 472.

  • GALICIA

    Política, enxeñeira e economista. Foi secretaria xeral de Comunicacións (1991-1996), presidiu o consello de administración de Correos e Telégrafos e a empresa Hispasat. Foi directora xeral da Fundación Teatro Lírico, encargada do Teatro Real e do da Zarzuela (1996), e de Lenci Consulting (1997-2002). Foi ministra de Sanidade e Consumo en 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Gobernador civil de Lugo, foi académico fundador da Real Academia Galega e membro da Sociedad de Arqueoloxía de Pontevedra. Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, Almanaque e Revista Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Profesor de literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela, centrou gran parte da súa obra nos autores do grupo Nós, especialmente en R. Otero Pedrayo, de quen realizou diversas edicións críticas. Colaborador do Boletín Galego de Literatura, Dorna e A Trabe de Ouro, da súa obra destacan as edicións de Álvaro Cunqueiro (1911-1981): Día das Letras Galegas 1991 (1991), en colaboración con Dolores Vilavedra; e 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte (1967-1973) (1998), en colaboración con X. Alonso Montero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Seguiu a carreira eclesiástica no Seminario de Lugo e, desde 1916, exerceu como mestre. Coñecedor das correntes pedagóxicas europeas renovadoras, destacou pola súa participación nas organizacións corporativas e de defensa profesional do maxisterio. Así promoveu a creación da Federación de las Asociaciones de Maestros Gallegos (1935). No ámbito pedagóxico publicou Concepción Arenal en el aspecto pedagógico (1925), Qué medios pueden ponerse en práctica para elevar la cultura general y profesional de los maestros actuales. Ponencia leída en el Congreso Pedagógico de Lugo de 1923 (1925), Puntos cardinales del pensamiento pedagógico contemporáneo (1927) e Colaboraciones sociales que la escuela precisa (1928). Tamén escribiu sobre temas históricos e de cultura galega: Capricho literario-apologético (1910), Por Galicia y por el arte (1920), Odoario o Lugo en el siglo VIII (1923) e Santuarios Gallegos: El Corpiño (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Miguel Ángel Salgado Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo brasileiro. Licenciado en Economía (1968) e doutor en Estatística Económica (1971) en París, traballou en África para a Organización Internacional do Café (1971-1973). Alí decidiu dedicarse á fotografía nas axencias Sygma (1974), Gamma (1975) e Magnum (1979). Viaxou por Europa, América do Sur e África retratando en branco e negro a dignidade humana malia as miserables condicións de vida, a emigración ou a guerra. Cunha predilección polas poboacións marxinais, publicou Otras Américas (1986), Trabajadores (1992), o documental Terra (1997), Éxodos (2000) ou Migraciones (2000). Recibiu o World Press Photo (1985) pola serie Sahel: L’Homme en Détresse e foi o primeiro fotógrafo que obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Artes (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente grande, semellante a unha artesa, que se emprega para salgar a carne, especialmente a do porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen salga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de salgar.

    2. Proceso de conservación dos alimentos mediante o emprego do sal, especialmente con certos tipos de carne e de peixe. Consiste en introducir os alimentos en sal común sólido (salgadura en seco) ou disolto en auga (salmoira) durante un período determinado que varía dependendo do alimento. Desta forma o sal impide, por ósmose, a proliferación de microorganismos e permite unha conservación prolongada do mesmo. Nun momento posterior introduciuse un novo proceso, o prensado, que permitía unha mellor e máis duradeira conservación. Os principais peixes que se someten a este sistema de conservación son as sardiñas, o bacallau, o xurelo, a xarda e a anchoa (semiconserva). Respecto das carnes destacan o xamón e o touciño, que mesturan o proceso da salgadura e o do secado na súa elaboración. OBS: Tamén se denomina salga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Histoloxía e Embrioloxía da facultade de Medicina da Universidad de la Laguna, investigou sobre neuropatoloxía, neurihistoloxía ou citoloxía en condicións normais ou patolóxicas. Dirixiu a sección de histoloxía da revista Morfología Normal y Patológica da Universidad de la Laguna e publicou numerosos traballos como Histología de la piel y sus anexos (1976), Neurohistoloxía (1976) ou Anatomía patológica (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Emigrou a Bos Aires en 1953, onde presidiu as Mocidades Galeguistas e o Centro Coruñés, dirixindo e colaborando na súa revista, Orzán, co pseudónimo de Alí ben Omar. Deuse a coñecer na folla cultural de El Ideal Gallego, onde publicou varios contos. Publicou o poemario Pra unha terra apremiada (1961), unha das obras iniciadoras do socialrrealismo poético, e o libro de relatos O gatiño da “Miss” e outros contos (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar, xornalista e escritor. Colaborador de El Ejemplo co pseudónimo de El Galleguito, fundou en Madrid a revista Galicia, onde publicou co pseudónimo de El Abate Lepe. Escribiu, entre outras obras, Lolita. Cantares y juegos de niños (1901), Catecismo patriótico: La Jura de la Bandera (1904), La Guerra de la Independencia en Galicia (1911) e El general D. Pablo Morillo (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, un castelo sinistrado dunha columna de azul; bordo de goles, cargado de oito flores de lis de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sociedades e institucións iniciadas en 1948 cando Isaac Díaz Pardo instalou no Castro de Samoedo (Sada) un laboratorio para ensaiar a calidade das terras caolínicas do lugar para a fabricación de porcelana. Ao mesmo tempo estudábase a definición dunha nova empresa para Sargadelos. Neste lugar, a finais do s XVIII, o ilustrado Antonio Raimundo Ibáñez, en base aos recursos naturais daquela bisbarra, proxectou unha empresa siderúrxico-cerámica que foi un exemplo de planificación adiantada ao seu tempo e que se estuda como unha das primeiras iniciativas do capitalismo industrial en España. En 1809 morre Ibáñez, pero o acertado das súas ideas queda demostrado en que as empresas sobreviviron ata 1875, ano en que pecharon definitivamente. Todas estas ideas e iniciativas foron tomando corpo no Laboratorio de Formas, institución teórica ideada por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo para recuperar a memoria histórica e analizar as raíces da linguaxe das formas. En 1963 o Laboratorio de Formas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Raimundo Ibáñez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, unha cota de mallas estendida, saíndo do costado destro un brazo armado que empuña unha lanza de prata, posta en pau punta arriba, surmontada a cota dunha celada de prata mirando á sinistra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Fundador da Obra Pía de San Antonio de Melide, foi xuíz ordinario da Santa Inquisición, cóengo maxistral de Astorga, bispo de Zamora, Cádiz, León e Cartagena e arcebispo de México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Umia, en Santo André de Cesar (Caldas de Reis). De orixe medieval, atopábase no antigo camiño de Caldas de Reis a Moraña e Ponte Caldelas. Realizouse con cantaría e presenta un só van. Foi restaurada no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de sinople, un brazo nu, de carnación, nacente do flanco sinistro, que empuña unha fouce de prata, coa folla da que corta pola gorxa unha cabeza de mouro co seu turbante; na punta tres cabezas de mouro, tamén con turbante, degoladas e colocadas en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO