Santamarina Delgado, Antón
Santamarina Delgado, Antón
Escritor. Emigrou a Bos Aires en 1953, onde presidiu as Mocidades Galeguistas e o Centro Coruñés, dirixindo e colaborando na súa revista, Orzán, co pseudónimo de Alí ben Omar. Deuse a coñecer na folla cultural de El Ideal Gallego, onde publicou varios contos. Publicou o poemario Pra unha terra apremiada (1961), unha das obras iniciadoras do socialrrealismo poético, e o libro de relatos O gatiño da “Miss” e outros contos (1988).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Melilla