"IBE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 465.

  • susceptible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, unha árbore de sinople, deitada de catro cunchas de vieira de ouro, dúas en cada flanco, colocadas en pau. Outro trae, en campo de azul, unha banda de ouro, acompañada de dous crecentes de prata, ranversados, un no alto e outro no baixo. Outro, en campo de prata, unha cruz cóncava, de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Austrasia ou Metz (534-548), fillo e sucesor de Teodorico I. En 534 conquistou Bourgogne cos seus tíos Xildeberto I e Clotario I, e compartiu con eles o seu dominio. En 539 pasou a Italia onde venceu os gregos e os godos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Metz 586 - 612) Rei de Austrasia ou Metz (595-612), fillo e sucesor de Xildeberto II. Comezou o reinado baixo a tutela da súa avoa, Bruniquilda, e desde 596 baixo a influencia dos magnates do reino. O seu irmán, Teodorico II de Bourgogne, empurrado por Bruniquilda, apoderouse do reino e, en 612, derrotouno en Toul e preto de Zülfich. Foi apresado e condenado a morte xunto co seu fillo Meroveo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grito revolucionario que distinguiu diversos movementos agraristas e anarquistas dos ss XIX e XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Italia de 405 km de lonxitude que pertence á conca tirrénica. Nace nos Apeninos centrais (Monte Fumaiolo), atravesa de N a S Umbria, pasa por Perugia e no seu curso baixo rega Lacio e Roma, e preto do mar divídese en dous brazos. O esquerdo, denominado Fiumara, desemboca preto de Ostia; o da dereita forma unha canle navegable que ten o nome de Fiumicino. Denominado Albula en época moi antiga, os romanos déronlle o de Tiberis, en poesía, e Thybris como divindade relixiosa. A pesar de ser de navegación difícil, foi unha vía importante para o comercio. Na Idade Media e durante o Renacemento fíxose lendario pola multitude de corpos de asasinatos que enguliu en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do maoz Setentrional, Galilea, Israel (37.300 h [1997]). Situada na ribeira occidental do lago de Tiberíades, foi fundada por Herodes Antipas (26?) en honor de Tiberio. Prohibida aos xudeus -era impura polo feito de estar construída sobre un cemiterio-, estes non entraron ata despois da destrución de Xerusalén (70). Conquistada por árabes (637) e croatas (1099), Solimán I entregouna a J. Hannassi en 1566.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Galilea, formado polo río Xordán, denominado tamén mar de Galilea ou lago de Xenesaret (144 km2). Situado a 250 m baixo o nivel do mar, na súa ribeira destacan as poboacións costeiras de Cafarnaum, Betsaida, Magdala e Tiberíades, que foron escenario de numerosos episodios da vida de Xesús.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena illa no medio do río Tíber, en Roma. Está unida á ribeira esquerda pola ponte Fabricio, construída en 62 a C, e á ribeira dereita pola ponte Cestio (46 a C). É un illote baixo e alongado, dedicado antigamente ao culto de Esculapio, en que se atopa un templo edificado por Odón III a finais do s X. Destruído en 1557 por unha inundación, foi refeito totalmente e consagrado a san Bertomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao río Tíber, aos territorios do seu contorno ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante dos territorios do contorno do río Tíber.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do latín Tiberius ‘procedente do Tíber’, derivado de Tiberis, nome romano do río Tíber.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (572-582). Membro da dinastía de Xustiniano, foi adoptado como fillo por Xustino II, que o nomeou césar en 574. Consagrado emperador, ao tempo que consolidaba a situación interna do estado, derrotou os persas (578-581) e conseguiu ampliar as fronteiras do Imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (698-705). Militar alleo á dinastía reinante, ocupou o trono durante o exilio de Xustiniano II. Loitou contra os árabes, que ameazaban as fronteiras do Imperio, e contra o propio Xustiniano II, que lle deu morte e que conseguiu recuperar o poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (14 a C-37 d C), fillo de Claudio Nerón e de Livia. Tribuno militar en Hispania (26 d C), cumpriu misións en Armenia, Galia, os Alpes, Panonia e Dalmacia. No 7 a C obtivo un segundo consulado e ao ano seguinte acadou a potestade tribunicia por cinco anos. Despois da morte de Augusto (14 d C), que o fixera casar (12 a C) coa súa filla Xulia, que o adoptara (4 d C) e que o obrigara a adoptar a Xulio César Xermánico, o Senado cedeulle todos os poderes. O imperio prosperou baixo a súa administración, asesorada por Salustio Crispo pero, coa morte do seu sobriño Xermánico, do seu fillo Druso, e co traspaso de Salustio (20 d C), o seu goberno sufriu un cambio radical, caracterizado polo terror. En 26 a C retirouse da vida política. Foi sucedido por Calígula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escritor italiano. Coñecido como Filippo de Pisis, aproximouse á pintura veneciana e á de Maurice Utrillo. Realizou naturezas mortas ante unha paisaxe mariña. Destacan La grande conchiglia (1927), Rose per terra (1938) ou Ritratto di Allegro (1940). De formación humanista, foi autor de La Pittura Moderna (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso de África sahariana, situado ao N de Chad e que se estende tamén polo S de Libia e por un pequeno sector do NL de Níxer. Acada 3.415 m no monte Emi Koussi, altitude máxima do Sáhara. Ten algúns sectores esteparios e algúns oasis na periferia.

    VER O DETALLE DO TERMO