"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • PERSOEIRO

    Médico francés. En 1850 descubriu a bacteria que causa a enfermidade do carbuncho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filóloga e investigadora. Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidad Complutense de Madrid, doutorouse en 1984 na Universidade de Glasgow coa tese Rosalía de Castro and her work in relation to the society and culture os nineteenth-century Spain (Rosalía de Castro e a súa obra en relación coa sociedade e cultura española do s XIX) e foi profesora do departamento de español da Universidade de St. Andrews en Escocia. Como investigadora ocupouse, fundamentalmente, da literatura galega do s XIX, en especial de Rosalía de Castro, sobre quen publicou varios traballos en revistas como Grial ou Cuadernos de Estudios Gallegos, e participou en diversos congresos. En lingua galega publicou Rosalía de Castro no seu tempo (1987) e dedicoulles diversos traballos á literatura feminista hispanoamericana e a autores como Valle-Inclán, Rosa Montero ou Montserrat Roig, en obras como Contemporary feminist fition in Spain (Novelistas contemporáneas feministas en España, 1994), Latin american women’s writing...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo. Sucedeu a F. Raymond na cátedra de Neuroloxía que ocupara noutros tempos J. M. Charcot no hospital de La Salpêtrière, en París. Foi un dos membros máis destacados dentro da escola francesa, e contribuíu ao gran desenvolvemento da neuroloxía clínica da segunda metade do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obtención de aminas primarias, mediante a reacción entre haluros de alquilo con hexametilentetraminas e a posterior hidrólise dos sales cuaternarios que se forman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dragón, medio muller medio serpe, a quen Tifón lle encargou vixiar os nervios e os músculos de Zeus cando estaba encerrado nunha cova en Cilicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao Delfinado.

      2. Natural ou habitante do Delfinado.

      1. Dialecto do francoprovenzal.

      2. Dialecto do occitano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de delinear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou o que delinea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • delineación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten por oficio debuxar planos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trazar as liñas dunha figura ou dun plano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Catherine Dorléac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Publicou unhas táboas de mortalidade e probabilidade de vida en Francia, recollidas na obra Essai sur les probabilités de la durée de la vie humaine (Ensaio sobre as probabilidades da duración da vida humana, 1746), que serviron para establecer as pensións vitalicias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe aparecida na Coruña en 1990. Dirixida por Ezequiel Pérez Montes, subtitulouse “Revista mensual del deporte coruñés”. Divídese en diferentes seccións e inclúe comentarios de especialistas deportivos, así como numerosas fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Iowa, EE UU, drenado polo río homónimo, no centro do Corn Belt (193.422 h [1996]). É un núcleo industrial especializado na produción aeronáutica, maquinaria e química. A maior parte das actividades económicas concéntranse na marxe dereita do río Des Moines, que divide a cidade en dous.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa francesa. Na súa xuventude foi actriz de teatro na Opéra-Comique e no Odéon. Publicou: Élégies et romances (Elexías e romances, 1819), Élégies et poésies nouvelles (Elexías e poesías novas, 1825), Les pleurs (Os choros, 1833) e Bouquets et prières (Ramos e súplicas, 1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño mercante. Ingresou na Compañía Trasatlántica Española (1878) e acadou o grao de capitán. Tras realizar viaxes a Filipinas e Sudamérica levou o mando do transatlántico Montserrat, que dirixiu a Cuba durante o conflito hispano-cubano. Tralo éxito das operacións que lle foron encomendadas, foille concedida a Cruz do Mérito Naval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade gramatical que se coloca ao final dos temas na declinación e na conxugación. As variacións que implica o uso das desinencias están motivadas pola necesidade de sinalar o xénero, o número e o caso (desinencia casual) nos substantivos e adxectivos, e todas as posibles categorías gramaticais propias do verbo: persoa, número, tempo, modo, voz e aspecto (desinencia verbal ou persoal). Por exemplo, en galego o plural indícase por medio da desinencia -s, o copretérito, por medio da desinencia -aba ou -ia, etc. As desinencias, ademais, empréganse na lingua para facilitar as funcións de interrelación e interdependencia entre as palabras dunha mesma frase; por exemplo, o -s engadido a un substantivo e o -n engadido a un tema verbal (os pícaros xogan) indican a correlación entre os elementos de número plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á desinencia.

    VER O DETALLE DO TERMO