Davies, Catherine

Davies, Catherine

Filóloga e investigadora. Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidad Complutense de Madrid, doutorouse en 1984 na Universidade de Glasgow coa tese Rosalía de Castro and her work in relation to the society and culture os nineteenth-century Spain (Rosalía de Castro e a súa obra en relación coa sociedade e cultura española do s XIX) e foi profesora do departamento de español da Universidade de St. Andrews en Escocia. Como investigadora ocupouse, fundamentalmente, da literatura galega do s XIX, en especial de Rosalía de Castro, sobre quen publicou varios traballos en revistas como Grial ou Cuadernos de Estudios Gallegos, e participou en diversos congresos. En lingua galega publicou Rosalía de Castro no seu tempo (1987) e dedicoulles diversos traballos á literatura feminista hispanoamericana e a autores como Valle-Inclán, Rosa Montero ou Montserrat Roig, en obras como Contemporary feminist fition in Spain (Novelistas contemporáneas feministas en España, 1994), Latin american women’s writing (Escritoras latinoamericanas, 1996) e Spanish women’s writtting 1849-1996 (Escritoras españolas 1849-1996, 1998).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Liverpool