"Ise" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • Descomposición dunha substancia pola acción da calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrólise que ten lugar na derradeira etapa da oxidación dos ácidos graxos mediante a acción da tiolase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera enfermidade que produce unha consunción gradual e lenta, febre héctica e ulceración nalgún órgano.

    2. tuberculose pulmonar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico sueco. Estudou na Universidade de Uppsala onde se doutorou en 1931. Creou o método de electroforese, que lle permitiu descubrir que os anticorpos están principalmente na fracción gamma das globulinas do soro. En 1948 recibiu o premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre a análise química mediante a cromatografía de adsorción e a electroforese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fisura conxénita da vaxina

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dividir algo, especialmente un ángulo, en tres partes iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de trisecar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que divide en tres partes iguais.

    2. Instrumento que se emprega para facer a trisección dun ángulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das liñas semirectas que divide un ángulo en tres fraccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que acontece ou se dá tres veces por semana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destrución ou lise dun trombo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político congolés. Procedente da burguesía colonial da tribo lunda, se converteu nun home de confianza da compañía anglo-belga Unión Mineira do Alto Katanga. O 10 de xullo de 1960 encabezou unha insurrección independentista en Katanga, co apoio da UMAK e sufocada en 1963, e exiliouse en Europa. Triunfador nas eleccións de 1963, foi nomeado primeiro ministro polo presidente Joseph Kasabuvu e levou unha política centralista e pro-occidental, ata que en 1965 foi destituído e se exiliou en Madrid. Pouco despois foi secuestrado misteriosamente mentres voaba entre Eivissa e Palma de Mallorca, e foi encarcerado nalgún lugar de Alxeria, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do latín Ulyxes, e este á súa vez do nome do heroe grego Οδυσσε ὐ ς, protagonista da Odisea. O significado que dá o propio Homero é ‘o que odia, que ten rancor’, de odissonai ‘odiar’, pola indignación de seu avó ao chegar a Ítaca o día en que naceu. Outras hipóteses fano proceder do grego Odios ‘camiño’, en alusión á súa longa viaxe de volta á casa. A forma latina pode deberse á influencia do nome etrusco Uluxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino de Odiseo, heroe mítico grego, fillo de Laertes e Anticlea. Rei de Ítaca, participou cos aqueos na Guerra de Troia, que venceron ao entrar astutamente na cidade metidos no interior dun cabalo xigante de madeira. Durante o seu regreso a Ítaca tivo que afrontar innumerables aventuras e perigos enviados polos deuses. Finalmente, venceu os pretendentes que, na súa ausencia, asediaran a súa muller Penélope e menosprezaran a seu fillo Telémaco. As súas fazañas aparecen narradas na Ilíada e na Odisea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de países e territorios formada, de acordo coa Constitución de 1946, pola Francia metropolitana, as súas colonias (departamentos e territorios de ultramar) e os seus mandatos e protectorados (territorios e estados asociados). Foi un intento frustrado de transformar o imperio colonial francés e preservalo das correntes independentistas xurdidas despois da Segunda Guerra Mundial. En 1958 deu paso á Communauté Française.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política francesa creada en 1978 por Valéry Giscard como unha alianza de partidos de centro non gaullistas. Integrada polo Parti Radical, o Parti Républicain, o Centre des Démocrates Sociaux e o Mouvement Démocrate et Sociale de France (Parti Socialdémocrate desde 1982), nas eleccións xerais dese mesmo ano converteuse na segunda forza política do país e participou nun goberno de coalición. En 2002 integrouse na Union pour un Mouvement Populaire (UMP) co Rassemblement pour la République (RPR) e o DL.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se axeita indistintamente para un ou outro sexo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao ser vivo cos aparatos reprodutores masculinos e femininos localizados en individuos diferentes, o que dá lugar á existencia de individuos masculinos e femininos, respectivamente.

      1. Aplícase á flor que só ten androceo ou xineceo.

      2. Aplícase á planta de flores unisexuais ou con órganos dun só sexo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento que consiste en interromper a acción do nervio vago, como é o caso da administración de anticolinérxicos ou a vagotomía.

    VER O DETALLE DO TERMO