"Ivo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 721.

  • Que non determina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que indica ou serve para indicar.

    2. Aplícase ao modo verbal, non marcado pola actitude subxectiva do falante e usado para formar oracións aseverativas (afirmativas ou negativas) e interrogativas, que presenta os feitos concibidos como reais (non sei qué fago). Os tempos do modo indicativo son o presente (como), o copretérito (comía), pretérito (comín), futuro (comerei), antepretérito (comera) e pospretérito (comería).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á indución.

    2. Relativo ou pertencente á indución electromagnética ou á indutancia.

    3. Efecto debido ás diferencias de electronegatividade entre os átomos que forman un enlace covalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non dá lugar a dúbida ou equivocación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao caso utilizado nalgunhas linguas para indicar que unha cousa está situada no interior do lugar considerado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non expresa nada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Forma infinita do verbo que non expresa nin tempo nin modo. Limítase a expresar acción verbal e, ademais de admitir complementos (De chegares cedo da casa, avisa), ten un comportamento similar ao substantivo ao admitir a determinación (O falar non ten cancelas) e a pluralización (Os atardeceres son marabillosos). En galego presenta dúas formas, unha invariable (ou non flexionada), que é incompatible cos sufixos propios do verbo e que presenta un significante que agrega ao signo léxico do verbo un sufixo -r (and-a-r, varr-e-r, part-i-r), e outra conxugada (ou flexionada), que está constituída pola suma do infinitivo invariable e o sufixo desinencial de número persoa -º, -es, -º, -mos, -des, -en (and-a-r-º, and-a-r-es, and-a-r-º, and-a-r-mos, and-a-r-des, and-a-r-en). As formas máis xerais do paradigma do infinitivo conxugado son as mesmas para todas as conxugacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á información.

      1. Que serve para informar.

      2. Programa de radio ou televisión que serve para informar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir de 1991. Editada polo Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña, ten como presidente a Miguel Carrero e como directora da publicación a Isabel Crespo. Dirixida ao colectivo médico da provincia, inclúe reportaxes, entrevistas e artigos sobre deontoloxía, actualidade profesional e asesoría xurídica e laboral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta a acción verbal no seu punto inicial e momentáneo, sen darse conta do seu posible desenvolvemento posterior. OBS: Oponse ao termo terminativo.

    2. Que se articula con entrada de aire exterior. OBS: Oponse ao termo egresivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non causa prexuízo nin dano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que inquire ou que serve para inquirir.

    2. Procedemento indagatorio secreto para perseguir e xulgar os delitos, oposto ao sistema acusatorio. Permaneceu vixente en España ata a aprobación da Ley de Enjuiciamiento Criminal de 1882.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos animais zoófagos e plantas carnívoras que se alimentan principalmente de insectos.

      1. Relativo ou pertencente aos insectívoros.

      2. Mamífero da orde dos insectívoros.

      3. Orde de mamíferos placentarios. Son animais pequenos, na súa maioría nocturnos, e pasan gran parte da sua vida baixo terra; teñen ollos e orellas pouco desenvolvidos, cinco dedos provistos de unllas, dentes moi numerosos pouco diferenciados e aguzados, con crecemento limitado, e un fociño apuntado rematado nunha trompa móbil rica en órganos sensitivos (teñen moi desenvolvido o olfacto). A locomoción é plantígrada. O seu réxime alimentario componse preferentemente de invertebrados (insectos, vermes, arañas), pero tamén de plantas e pequenos roedores. Son os placentarios máis primitivos, e están amplamente distribuídos por todo o mundo, excepto Australia e Nova Zelanda. Deles destacan a toupa, a musaraña ou o ourizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está guiado polo instinto e non pola razón.

    2. Que manifesta esa forma de ser ou de actuar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao verbo que expresa a acción e o instrumento con que se realiza. Por exemplo, o verbo encordar ‘atar ou suxeitar algo con cordas’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que instrúe ou serve para instruír.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao intelecto.

    2. Que foi producido polo intelecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é ou está fóra do tempo.

    2. Que resulta molesto porque é inoportuno ou inconveniente ou non se desenvolve no tempo adecuado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que se caracteriza pola súa alta intensidade.

      2. Que se fai de forma intensa.

      3. Aplícase aos coidados, con medicamentos e os medios técnicos adecuados, que se subministran a pacientes que se atopan en condicións extremas.

    1. Que se desenvolve sen interrupción. OBS: Adoita aplicarse á xornada laboral que se realiza normalmente pola mañá e que acostuma ser un pouco máis reducida ca a xornada normal completa.

    2. Que ten como finalidade incrementar a produción con grande investimento de capital ou traballo.

      1. Aplícase ao elemento que enfatiza a significación dun termo,  por exemplo o prefixo hiper- en hipercrítica (fronte a crítica).

      2. Aplícase ao aspecto que presenta a acción verbal como máis intensa con respecto a outro verbo que se toma como punto de referencia, por exemplo escudriñar respecto a buscar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á interacción.

    VER O DETALLE DO TERMO