insectívoro -ra

insectívoro -ra

(< lat insectu + -voro)

  1. adx [ECOL]

    Aplícase aos animais zoófagos e plantas carnívoras que se alimentan principalmente de insectos.

    1. adx

      Relativo ou pertencente aos insectívoros.

    2. s m [ANIMAL]

      Mamífero da orde dos insectívoros.

    3. s m pl [ANIMAL]

      Orde de mamíferos placentarios. Son animais pequenos, na súa maioría nocturnos, e pasan gran parte da sua vida baixo terra; teñen ollos e orellas pouco desenvolvidos, cinco dedos provistos de unllas, dentes moi numerosos pouco diferenciados e aguzados, con crecemento limitado, e un fociño apuntado rematado nunha trompa móbil rica en órganos sensitivos (teñen moi desenvolvido o olfacto). A locomoción é plantígrada. O seu réxime alimentario componse preferentemente de invertebrados (insectos, vermes, arañas), pero tamén de plantas e pequenos roedores. Son os placentarios máis primitivos, e están amplamente distribuídos por todo o mundo, excepto Australia e Nova Zelanda. Deles destacan a toupa, a musaraña ou o ourizo.

Palabras veciñas

insectario | insecticida | insectífugo -ga | insectívoro -ra | insecto -ta | insectoloxía | insectolóxico -ca