insecticida
insecticida
(
adx e s
m
[BOT/QUÍM]
Aplícase ás substancias químicas empregadas para producir a morte dos insectos nocivos dos cultivos, dos lugares habitados e dos bosques. Os insecticidas de síntese, os máis empregados, poden repartirse en cinco grupos: os organohaloxenados, os organofosforados, os carbamatos, as sulfonas e os sulfonatos. Diferéncianse catro tipos de accións dos insecticidas: por contacto, por inxesta, por deshidratación e por inhalación. Un dos problemas que implica o uso dos insecticidas é a persistencia dos produtos na superficie ou no interior das plantas e nas augas contaminadas, e a súa acumulación sobre os tecidos adiposos dos animais e no leite.