"Jos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1142.

  • GALICIA

    Historiador e profesor. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Historia Moderna coa tese Función económico social de los instrumentos de crédito popular en el Antiguo Régimen, estudio no que aplicou os métodos da historia cuantitativa serial francesa á historia de Galicia. Profesor de instituto en Vigo, das súas obras destacan Fuentes para el estudo de las formas del “crédito popular” en el Antiguo Régimen: obligaciones-préstamo, ventas de renta y ventas de censos (1977) e Aportación al estudo de la Renta en el Antiguo Régimen (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico portorriqueño. Estudiou na Princeton University e debutou en Broadway a mediados dos anos trinta e dirixiu espectáculos coa New York Theatre Company. A súa primeira participación no cine foi na película Joan of Arc (Xoana de Arco, 1948), de Victor Fleming. Inclinouse máis polo teatro, aínda que participou nun bo número de producións cinematográficas, entre as que destacan Whirpool (Voráxine, 1950), Cyrano de Bergerac (1951), Moulin Rouge (1952), The Caine Mutiny (O motín de Caine, 1954), Lawrence of Arabia (Lawrence de Arabia, 1962), The Greatest Story Ever Told (A historia máis grande xamais contada, 1965), Midsummer Night’s Sex Comedy (Comedia sexual dunha noite de verán, 1982) ou Dune (1984). Tamén dirixiu algunhas películas, como I Accuse (Eu acuso, 1958) ou Stage Fair (1962). En 1951 obtivo un Oscar pola súa interpretación de Cyrano de Bergerac na película homónima...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi elixido deputado polos distritos de Sort (Lleida) (1876), Caguas (Puerto Rico) e La Almunia (Zaragoza, 1881-1884), e Madrid (1890); desde 1891 foi senador pola provincia de Ourense e polo distrito de Santa Clara (Cuba). A partir de 1894 foi designado senador vitalicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal e arcebispo. Tío materno de Napoleón I Bonaparte, en 1802 foi nomeado arcebispo de Lyon. En 1803 recibiu o capelo cardinalicio e o seu sobriño enviouno como embaixador á Santa Sé. As súas xestións conseguiron que o Papa Pío VII acudise á coroación de Napoleón como emperador en 1804. Trala derrota bonapartista, caído en desgracia, retirouse a Roma en 1814.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e musicólogo. Estudiou en París con Boieldieu e Querubini. En 1827 fundou a Revue Musicale e entre 1833 e 1871 dirixiu o conservatorio de Bruxelas. Da súa produción destaca Biographie universelle des musiciens (Biografía universal dos músicos) e Histoire générale de la musique (Historia xeral da música).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo alemán, pai de Anselm von Feuerbach. Foi profesor de filoloxía na Universidade de Friburgo. A súa obra máis destacada é Der vaticanische Apollo: eine reihe archäologisch-ästhetischer Betrachtungen (O Apolo do Vaticano, 1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Médico especialista en cirurxía ortopédica e traumatoloxía, traballou na Ciudad Sanitaria La Paz de Madrid e participou nas reivindicacións dos MIR (Médicos Internos e Residentes), polo que foi despedido en 1975. Readmitido en 1976, ingresou en CC OO en 1977. Foi elixido secretario xeral de Sanidade (1981), secretario de Política Institucional (1987) e secretario xeral do sindicato CC OO (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista internacional. Formado nos equipos composteláns do Eiriñas, Basquiños e Santiago, marchou ao Turista de Vigo, club que o traspasou ao Real Club Deportivo de La Coruña en 1958. Contribuíu ao ascenso do equipo herculino a primeira división na tempada 1961-1962. Entre 1962 e 1963 participou en 4 partidos coa selección española, nos que marcou 3 goles. En 1965 fichouno o Real Madrid Club de Fútbol, no que permaneceu ata 1969 como integrante do equipo que se proclamou campión da liga en 3 ocasións (1967, 1968 e 1969) e da Copa de Europa en 1966. Despois pasou ao C. D. Ourense e rematou a súa carreira deportiva na A. D. Rayo Vallecano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político costarriqueño. Fundou o Partido Social-Democrático. En 1948 encabezou a revolución que defendía a Otilio Ulate e foi presidente da primeira xunta da Segunda República (1948-1949). Acadou a presidencia como candidato do Partido Liberal Nacional (1952-1958) e do Partido de Liberación Nacional (1970-1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de José Figueres. Tras ocupar os cargos de ministro de Comercio Exterior (1988) e de Agricultura (1988-1990), asumiu a presidencia da República do seu país entre 1994 e 1998.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político arxentino. De tendencia liberal, foi deputado, senador, ministro de Goberno e de Facenda (1889) e gobernador da súa provincia (1895). Vicepresidente da República desde 1904, asumiu a presidencia entre 1906 e 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e compositor, fillo de Pietro Antonio Fiocco (Venecia 1650? - Bruxelas 1714). É autor de motetes, misas e dunha recolleita de Pièces de clavecin (1730).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. De formación autodidacta, viviu en Europa entre 1924 e 1927. Foi autor, entre outros, dos monumentos a Avellaneda, Simón Bolívar e Raúl Colombres. Dende 1960 pertenceu á Academia Nacional de Bellas Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociolingüista. Ao rematar os seus estudios na University of Pennsylvania (1944-1948), estudiou yiddish con Max Weinreich. O seu primeiro artigo publicouse en Yidishe shprakh (1947) e, en 1949, o Yiddish Scientific Institute concedeulle un premio por un monográfico sobre o bilingüismo (publicado posteriormente en 1951). En 1960 ingresou na Yeshiva University de Nova York como profesor de psicoloxía e socioloxía. Centrou os seus estudios, sobre todo, no bilingüismo e multilingüismo, educación bilingüe e de minorías étnicas, linguaxe e nacionalismo, socioloxía do yiddish e planificación da lingua. Fundou o International Journal of the Sociology of Language (1973) e publicou, entre outras obras, Language Loyalty in the United States (1964), Yiddish in America (1965), Bilinguism in the Barrio (1968), pioneiro estudo do multilingüismo colectivo, Language Problems of Developing Nations (1968), sobre a planificación da lingua,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico estadounidense. Creador do “documental escenificado”, está considerado como un dos mellores representantes do cinéma-vérité. Foi premiado na Mostra de Venezia de 1934 e 1937 por Man of Aran (Homes de Aran) e Elephant Boy (Sabú), respectivamente. Outras películas súas son Nanook of the North (Nanook, o esquimó, 1922), Moana (1925) e Guernica (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actriz coñecida como Marisol. Comezou no mundo do cine coa película Un rayo de luz (1960), que lle valeu un premio na Mostra de Venecia. A partir dese momento iniciou unha produtiva carreira como actriz infantil, con filmes como Ha llegado un ángel (1961), Tómbola (1962), Marisol rumbo a Río (1963), La nueva Cenicienta (1965), Cabriola (1965), Carola de día, Carola de noche (1968) ou La chica del Molino Rojo (1973). Despois deste período desapareceu da vida pública, ata que en 1983 participou na película Carmen, de Carlos Saura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director teatral. Iniciou as súas actividades teatrais na ADB e en 1959 pasou a Francia, onde se formou o Centro Dramático do Leste de Estrasburgo. Ocupou o primeiro lugar no Théâtre de la Ville, en París. Acadou importantes galardóns, como o de Chevalier de l’Orde des Arts et des Lettres en 1979 e, un ano máis tarde, o premio da crítica ao mellor actor do ano. Este mesmo ano integrouse na Comédie Française, onde protagonizou numerosas obras, entre outras Don Juan, de Molière (1982). Volveu a Barcelona e en 1984 formou a súa propia compañía, con sede no Teatro Poliorama, onde dirixiu e tamén interpretou diversas obras, como Una jornada particular, de Ettore Scola (1984), Cyrano de Bergèrac, de Edmon Rostand (1985, Premio Nacional de Interpretación da Generalitat de Catalunya), El despertar de la primavera, de Frank Wedeking (1986), Per un sí o per un no (Por un si ou por un non, 1896), de Nathalie Sarraute, El dret d’escollir...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, xornalista e ensaísta. Asinaba como J. V. Foix e converteuse nun dos fundadores máis activos da Acció Catalana. Editou Monitor (1921-1923), dirixiu a revista Trossos e foi redactor de L’Amic de les Arts (1926-1928) e de Quaderns de Poesia (1935-1936). Da súa produción destaca Gertrudis (1927), KRTU (1932), On he deixat les claus? (1953), L’estrella d’en Perris (1963) e Darrer comunicat (1969). Membro do Institut d’Etudis Catalans (1961), recibiu o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (1973), a Medalla d’Or de la Ciutat de Barcelona (1980), a Medalla d’Or da Generalitat (1981) e o Premio Nacional de las Letras Españolas (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Dirixiu a revista L’Atlàntida e o semanario La Tralla, desde onde lanzou campañas nacionalistas que o forzaron a exiliarse en Francia (1905-1908). Da súa produción destaca Aigua avall (1907), Aventures extraordinàries d’en Massagran (1910), Els pastorets (1916) e La Ventafocs (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor titular de Historia da Arte. É profesor de Historia da Cinematografía na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) dende 1972. Nos anos 70 participou no movemento cineclubista de Compostela, impulsando a creación do Cineclube Santiago. Pertence á Asociación Española de Historiadores de Cine, da que foi un dos seus impulsores en 1988. Realizou estudios sobre a orixe do cine en Galicia que publicou na súa tese de doutoramento Aproximación a la historia del espectáculo cinematográfico en Galicia (1896-1920), (1987) ou aspectos como o recoñecemento do labor do fotógrafo coruñés Joseph Séller na implantación do cinematógrafo en España, en colaboración co profesor J. L. Castro de Paz, da Universidade de Vigo, e co investigador vasco Jon Letamendi. Tamén realizou análises de filmes que gardan algunha relación coa historia ou a cultura galegas, e dirixiu traballos de documentación televisiva no arquivo de Radiotelevisión Española en Galicia. Codirixiu...

    VER O DETALLE DO TERMO