Flotats i Picas, Josep Maria

Flotats i Picas, Josep Maria

Actor e director teatral. Iniciou as súas actividades teatrais na ADB e en 1959 pasou a Francia, onde se formou o Centro Dramático do Leste de Estrasburgo. Ocupou o primeiro lugar no Théâtre de la Ville, en París. Acadou importantes galardóns, como o de Chevalier de l’Orde des Arts et des Lettres en 1979 e, un ano máis tarde, o premio da crítica ao mellor actor do ano. Este mesmo ano integrouse na Comédie Française, onde protagonizou numerosas obras, entre outras Don Juan, de Molière (1982). Volveu a Barcelona e en 1984 formou a súa propia compañía, con sede no Teatro Poliorama, onde dirixiu e tamén interpretou diversas obras, como Una jornada particular, de Ettore Scola (1984), Cyrano de Bergèrac, de Edmon Rostand (1985, Premio Nacional de Interpretación da Generalitat de Catalunya), El despertar de la primavera, de Frank Wedeking (1986), Per un sí o per un no (Por un si ou por un non, 1896), de Nathalie Sarraute, El dret d’escollir (O dereito de escoller, 1987), de B. Clark, Ara que els ametllers ja estan batuts (Agora que as amendoeiras xa están batidas, 1990), monólogo baseado en textos de Josep Pla, Cavalls de Mar (Cabaliños de Mar, 1992), de J.L. Rodolf Sirera, Tot assajant dom Juan (Ensaiando don Juan, 1993), de L. Jouvet e Cal dir-ho? (Hai que dicilo?, 1994), de E. Labiche, A. Duru e J. L. Cochet. En 1992 protagonizou Don Quijote, de M. Scaparro, primeira interpretación en castelán. Actuou tamén no cine, entre outras, na película La guerre est finie (A guerra rematou), de A. Resnais. En 1989 outorgóuselle o Premio Nacional de Teatro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona