"Mir" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • Provincia de República Dominicana (1.196 km2; 151.560 h [2002]). A súa capital é Cotuí (37.745 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1063-1094) e de Navarra (Sancho V; 1076-1094), fillo e sucesor de Ramiro I. Despois de conquistar as ribeiras do Cinca, ocupou Arguedas (1084) e polo curso do Gállego achegouse a Zaragoza. As conquistas (1083-1084) e o establecemento da posición de Montaragón (1088) sinalaron o inicio dunha ofensiva contra Huesca que rematou o seu fillo Pedro I de Aragón (1096). Loitou na Guerra dos Tres Sanchos ao lado do seu curmán Sancho IV de Navarra contra Sancho II de Castela, que foi derrotado en Viana (1067). Ao morrer asasinado Sancho IV de Navarra (1076), incorporou o reino aos seus dominios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e mestre. Militante do PP desde 1995, foi coordinador provincial de deportes da Consellería de Cultura (1988-1989), membro da executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) desde 1999, alcalde de Abegondo e presidente da asociación de acción local Terra das Mariñas. En substitución de Juan Miguel Diz Guedes, foi nomeado conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Despois de debutar no filme La miel (1979, de Pedro Masó, iniciou unha destacada carreira que lle levou tamén ao medio televisivo. Das longametraxes en que participou destacan Valentina (1982), Si te dicen que caí (1989, Premio Goya ao mellor actor), Amantes (1991), Belle Époque (1992), La niña de tus ojos (1998) e El lobo (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Insurrecto. Membro das Juventudes Libertarias (JJ LL)) e do Centro de Estudios Sociales ‘Resplandor más allá del Abismo’, coa Guerra Civil marchou a Gijón e colaborou na formación da Agrupación Confederal Galaica. Estivo prisioneiro (1937-1940) e formou parte do comité local da CNT clandestina. Detido en 1947, foi condenado a vinte anos de prisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Asiria. Muller de Šamši-Adad V, exerceu a rexencia (809-806 a C) durante a minoría do seu fillo Adad-nirari III (809-782 a C). Unha lenda, recollida polos autores clásicos, faina muller de Ninos, atribúelle os xardíns colgantes de Babilonia e considéraa unha gran guerreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos procesos de oxidación ou de redución cando se consideran por separado nunha reacción de oxidación-redución.

    2. Tempo preciso para que, nunha reacción química, a concentración dun substrato inicial se reduza á metade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das dúas partes en que unha recta é dividida por un punto contido nela, que se denomina orixe das semirrectas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Remolque que é soportado pola súa parte dianteira, desprovista de rodas, por un camión tractor, ao que vai enganchado e articulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • I ṣḥ aq Šamir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Das súas obras destacan o British Museum (1823-1847), o edificio de Correos (1824-1829) e o Drury Lane Theater, todos en Londres, e o Eastnor Castle, en Hereford.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e politicólogo. Doutor en Ciencias Políticas, foi técnico comercial do Estado desde 1968. Membro do PSOE, participou na negociación para a adhesión de España na Comunidade Económica Europea e a finais de 1985 foi nomeado secretario de Estado para as relacións coa CEE. Foi deputado pola provincia de Alacant nas eleccións de 1996. Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación (1991-1993), de Economía e Facenda (1993-1996) e comisario de Economía e Asuntos Monetarios da UE desde 1999, en 2004 foi nomeado ministro de Economía e Facenda e vicepresidente segundo do Goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e teólogo. Seguidor do eslavofilismo e crítico do racionalismo occidental, concibiu un ecumenismo en que Rusia facía de ponte entre Oriente e Occidente. Das súas obras destacan Filosofskie načala cel’nogo znanija (Os principios filosóficos do coñecemento integral, 1877), Čtenija o Bogočelovečestve (Leccións sobre o carácter teándrico 1877-1881) e Kritika otvlečonnykh načal (Crítica dos principios abstractos, 1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e pintor. Especializado no debuxo arquitectónico, cultivou tamén o óleo, a cerámica, a talla en madeira e o gravado. Caracterizouse polo gran dominio técnico, sobre todo do claroscuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista e adestrador. Debutou como profesional no R. C. Deportivo de la Coruña en 1953 e ese mesmo ano fichou polo F. C. Barcelona, co que conseguiu dúas ligas (1958-1959 e 1959-1960). En 1961 fichou polo Internazionale de Milán ata 1971, co que conseguiu tres ligas, a Copa de Europa e a Copa Intercontinental (1964-1965). En 1971 retirouse no Sampdoria. Debutou na selección española en 1957, xogou 32 partidos como internacional e participou nos mundiais de Chile (1962) e Inglaterra (1966). Adestrou, entre outros equipos, ao Inter de Milán e á selección española (1988-1991). Recibiu o Balón de Ouro en 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pensar nun obxecto ou ser particular como parte integrante dun grupo máis amplo ao que pertence, tal como o xénero e a especie.

    2. Considerar un feito como aplicación dunha lei.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afundir algo ou a alguén debaixo da terra ou da auga.

    2. Facer que alguén caia nun estado de depresión, abstracción, meditación ou calquera estado con connotacións negativas.

    3. Filtrar, evaporarse ou desaparecer un líquido por algún conduto ou oco.

    4. Caer nun estado de depresión, abstracción, meditación ou calquera outro con connotacións negativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo deixe de existir ou de ser efectivo.

    2. Omitir ou impedir que apareza algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, escultor e pintor ucraíno. En 1913, despois dunha visita ao taller de Picasso, fixo os primeiros relevos polimatéricos de concepción abstracta, orixe do construtivismo. Na Revolución de 1917 foi máis intransixente na proclama da nova arte revolucionaria en sentido arquitectónico-industrial (produtivismo) e xuntouse con Rodženko (1916), os irmáns Pevsner e Lisitzkij (1920). Entre 1919 e 1920 proxectou e presentou o Monumento á Terceira Internacional. Desde 1933 dedicouse preferentemente á escenografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Karaganda, Kazakhstán, situada na ribeira do pantano de Samarcanda (170.500 h [1999]). Ten industria siderúrxica, fundicións e fábricas de caucho sintético.

    VER O DETALLE DO TERMO