"ONG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
-
Relativo ou pertencente aos tsongas ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo tsonga.
-
Conxunto de pobos que ocupan a rexión costeira meridional de Moçambique e algúns territorios da República Surafricana e Swazilandia. Cunha poboación superior aos tres millóns e medio de individuos, foron conquistados polos nguni a principios do s XIX. A súa economía tradicional baséase no cultivo do millo miúdo, o sorgo e o millo e a gandaría. Moitos deles traballan como asalariados en Zimbabwe e República Surafricana, a onde emigran periodicamente.
-
Lingua bantú do phylum níxer-congo que fala o pobo tsonga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea das provincias unidas de Río de La Plata celebrada en 1816 que promulgou a independencia arxentina e a primeira constitución. Non estiveron representados nin Paraguay nin as provincias de Corrientes, Entre Ríos, Santa Fe, Misiones e a Banda Oriental, feito que provocou que triunfase o obxectivo das provincias unidas baixo a hexemonía do porto de Bos Aires e a á conservadora dos patriotas.
-
DISTRITOS
Distrito de Brunei (1.165 km2; 35.700 h [estim 1999]). A súa capital é Tutong (13.049 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cortegada baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cotobade baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Último congreso das potencias da Santa Alianza, celebrado en Verona entre outubro e decembro de 1822. Nel tratouse a retirada das tropas austríacas do Piemonte e a súa redución a Nápoles, a retirada das tropas turcas de Moldavia e Valaquia, e decidiuse a intervención francesa (Cen Mil Fillos de San Luís) en España co obxecto de restaurar a Fernando VII no poder.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunións celebradas en Viena entre o 30 de outubro de 1814 e o 9 de xuño de 1815. Pretendían reconstruír o mapa de Europa despois da fin do imperio napoleónico. Prevista no primeiro Tratado de París, quería conseguirse a restauración da orde social e do sistema político e unha paz duradeira en igualdade de condicións entre as diferentes potencias. Foi dominado polas catro grandes potencias da época, Austria, Rusia, Reino Unido e Prusia, aínda que Francia tamén tivo un papel importante grazas ao príncipe de Talleyrand. Os monarcas das grandes potencias asistiron ao congreso o que creou dous centros de decisión: o consello de ministros e a reunión dos soberanos, na que o Tsar Alexandre I ideou a Santa Alianza. O Imperio dos Cen Días non interrompeu as reunións. Austria, que abandonou os Países Baixos, obtivo Galitzia, o Tirol, a rexión de Salzburgo, o Reino de Lombardia-Véneto e o litoral dálmata. Prusia obtivo o terzo setentrional de Saxonia, a Pomerania sueca, a maior parte do antigo Reino...
-
-
Nome (‘vietnamita vermello’) utilizado para designar a Fronte Nacional de Liberación de Vietnam do Sur fundada en 1960. Propugnaba a pacificación, a neutralidade e a independencia do país. En 1976 integrouse no Partido Comunista vietnamita.
-
Membro do Viet-cong.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento situado en Castro de Rei. A súa escavación comezou en 1971. Estivo habitado entre os ss II e V d C. A croa central acolle a maioría das construcións, que se ordenan no espazo en función de dúas vías, unha de L a O e outra de N a S. As vivendas son de forma cadrada ou circular con patio ou adro nalgúns casos, e portas que conservan as escaleiras de acceso. Tiñan o piso de terra compactada pero tamén apareceron algunhas lousas nalgunha vivenda así como fogares de pedra ou barro. Descubríronse tamén construcións dedicadas a almacén e unha estancia de planta cadrada que puido ter un uso comunal ou cultural. Está rodeado dunha muralla de xisto, que acadou, nalgunhas zonas, os 15 m de altura. Conta cun foso e cun antecastro na zona oeste. Atopáronse diversos materiais como ferramentas de bronce ou ferro, armas de pedra puída e outras de ferro, fusos de madeira, fusaiolas de barro, diversos obxectos persoais como fíbulas, aneis de acibeche ou alfinetes e moedas dos ss I-V d C. Á súa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e actor cinematográfico, marqués de Castellbell e grande de España. En 1950 marchou a Francia pola súa oposición ao Franquismo, aínda que o defendera na Guerra Civil. Iniciou un ciclo de obras que trataban os problemas da sociedade en España coa novela Les Ramblas finissent à la mer (1953). Continuou coas crónicas que criticaban a alta sociedade e publicou algúns libros de memorias, como La nostalgia es un error (1980) e La imprudente memoria (1985), e a biografía El Rey (1993), baseada nas conversas que mantivo con Xoán Carlos I. No eido cinematográfico colaborou en Les amants (1958), Breakfast at Tiffany’s (1961) e Sangre y arena (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de València, Comunitat Valenciana (3.696 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Despois dunha primeira etapa caracterizada pola súa ruptura cos mallorquinistas, ao comezo da Guerra Civil iniciou unha etapa de reflexión e silencio. Da súa obra destacan Mort de dama (1931), Fedra (1932), Bearn o La sala de las muñecas (1956), a súa obra máis importante; La novel.la de Palmira (1952), El misantrop (1972) e Un estiu a Mallorca (1975)
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Zhejiang, na rexión do Leste, China (401.871 h [1990]). Está situada no delta do Ou Jiang.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Nova Gales do Sur, Australia (262.600 h [1996]). Centro mineiro de carbón situado na costa, ao S de Sydney, é un porto exportador deste mineral.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Sichuan, China, na rexión do Suroeste (199.100 h [1958]). Situada á beira do Min, é un centro industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pu Yi.
-
PERSOEIRO
Emperador chinés (712-756). De nome Li Long-ji, coñeceuse tamén como Minghuang (emperador iluminado). Retomou a política de expansión a través da Asia Central e conquistou Mongolia, o Sinkiang e o Tíbet. A alianza entre os turcos e os árabes (751) significou, non obstante, a derrota do exército chinés e a decadencia da dinastía tang. A rebelión de An Lushan (755) fíxoo abdicar nun dos seus fillos.
VER O DETALLE DO TERMO