"Omo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 696.

  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Coñecido como Romos Filiras, foi o cantor da natureza e do amor. Publicou Κλεψύδρα (Clepsidra, 1921) e Πιερρότος (Pierrot, 1922), testemuños da angustiosa insatisfacción interior do autor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar incomodidade a alguén.

    2. Causar enfado.

    3. Sentir incomodidade.

    4. Sentir enfado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou condición de incómodo.

    2. Causa ou característica que fai que alguén non se sinta cómodo. OBS: Úsase normalmente en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten comodidade.

    2. Que incomoda ou molesta.

    3. Que fai que alguén non se sinta a gusto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público, creado en 1975, dependente do Ministerio de Educación e Ciencia e que ten a súa orixe no antigo Patronato de Protección Escolar (1944). A súa principal finalidade é a promoción e asistencia do estudante a través da concesión de bolsas e axudas para que poida continuar os seus estudios nos distintos niveis do sistema educativo ou outros estudios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gabeadoras, da familia das convolvuláceas, ao que pertence a pataca doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao isomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de isomorfo.

    2. Propiedade das substancias que, sendo quimicamente diferentes, teñen as mesmas características cristalográficas. Para que dúas substancias sexan isomorfas teñen que ser isotípicas e, ademais, que sexan compatibles as dimensións das partículas estruturais (átomos, ións, moléculas).

    3. Aplicación matemática que é ao mesmo tempo inxectiva e exhaustiva.

    4. Semellanza de trazos estruturais entre o plano fónico da lingua e o semántico. A súa investigación é un dos principais obxectivos da glosemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a mesma forma.

    2. Aplícase ás estruturas alxébricas entre as que se pode establecer un isomorfismo.

    3. Aplícase ás substancias que presentan isomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • homomorfose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico da cordilleira do Himalaia, na fronteira entre Bhutan e China. O seu cumio acada 7.314 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político kenyano. Estudiou en Londres (1931-1946) e en Escocia adoptou o nome de Johnstone Kamau Ngengi. Foi dirixente dos kikuius e ao regresar ao seu país, fundou a Kenya African National Union (1946). Acusado de dirixir a insurrección do movemento independentista Mau-Mau, foi encarcerado polas autoridades británicas (1953-1961). Trala independencia de Kenya foi elixido primeiro ministro (1963) e presidente da República (1964-1978). Escribiu Facing Mount Kenya (1938) e Suffering without Bitterness (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do kraj de Khabarovsk, Rusia (300.000 h [1997]). A base da súa economía é a industria naval, siderúrxica, mecánica e petroquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (17.970 km2; 2.099.724 h [estim 2000]). A súa capital é Bydgoszcz/Toruń.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos labirintomorfos.

    2. Protozoo da rama dos labirintomorfos.

    3. Rama de protozoos que comprende especies coloniais, a maioría mariñas, que se desprazan mediante unha estrutura mucilaxinosa extracelular, segregada por uns orgánulos especiais, aínda que tamén existen estadios flaxelados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lagomorfos.

    2. Mamífero da orde dos lagomorfos.

    3. Orde de mamíferos da subclase dos placentarios, moi afín aos roedores, que acada entre 12 e 75 cm de lonxitude segundo as especies, de rabo curto ou nulo, patas con uñas e pelaxe densa. De marcha plantígrada, as súas especies teñen as patas posteriores xeralmente máis longas ca as anteriores, para facilitarlles o salto. Os dentes carecen de raíz e son de crecemento continuo. Apareceron hai uns 60 millóns de anos, a finais do Paleoceno. O réxime alimentario é estritamennte herbívoro. A esta orde pertence a familia dos coellos e das lebres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor. Debutou en 1919 en Viterbo con I Puritani de Bellini. A grande extensión e beleza da súa voz convertérono nun dos primeiros tenores do mundo. En 1922 presentouse no Teatro alla Scala de Milán e no Liceu de Barcelona con Rigoletto de Verdi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Traduciu a Horacio, Virxilio e a Batracominomaquia, e admiraba a cultura grega. Nas súas obras o ser e a vida identifícanse coa felicidade, inalcanzable en tanto que está nas ilusións e na fantasía, localizadas na natureza, que debe ser destruída pola razón e o progreso. Rexeitaba os neoclásicos e, á vez, era parcialmente antirromántico, aínda que tiña algúns trazos desta corrente, como a loita do espírito pola sublimación, o pesimismo, o amor platónico de raíz petrarquista e da dor. Formalmente, os seus poemas presentan unha linguaxe moi elaborada. Da súa produción destacan Zibaldone (1810-1832), unha compilación da súa filosofía, as Operette morali (1827), a carta Agli amici suoi di Toscana (1831), o seu testamento literario e sentimental, a serie dos Canti (1835), os Pensieri (1845) e os tratados Storia dell’a astronomia (1840) e Saggio sopra gli errori degli antichi (1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos, da familia dos tripanosómidos, de célula alongada, provista dun flaxelo, que xorde do extremo anterior da célula. Inclúe numerosas especies parasitas de invertebrados e de plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO