"Orio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

    1. rogativo.

      1. Exhorto ou encargo remitido por unha autoridade xudicial dun estado á autoridade competente doutro, para que execute dentro da súa xurisdición un acto de natureza xudicial.

      2. Instancia dun tribunal a outro invitándoo a un acto de instrución no termo da súa xurisdición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio situado no concello de Garafía, na illa de La Palma, Canarias, a unha altura duns 2.400 m, no monte do mesmo nome, preto da chamada Caldera de Taburiente. Construído con colaboración internacional, foi inaugurado en 1985 e conta co telecopio NOT.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. rotativo.

    2. Aplícase ao poder que presentan algunhas substancias de modificar o plano de polarización dos raios luminosos que os atravesan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lexicólogo, dialectólogo e romanista. Catedrático emérito de Lingua Castelá da Universidad Complutense de Madrid, presidiu a Sociedad Española de Lingüística. Especializouse en dialectoloxía, aínda que tamén traballou sobre semántica estrutural, lexicografía e crítica literaria. Publicou Comentarios estruturales a “Cien años de soledad” (1969), Semántica y lexicología del español (1985), Lengua española y lenguas de España (1987), alegación contra as linguas minoritarias no Estado español, Estudios dialectológicos (1987), Política lingüística y sentido común (1992), Historia de las letras (1996) e El destrozo educativo (2004). Membro da Real Academia Española desde 1986, en decembro de 1999 foi elixido vicedirector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio astronómico situado nas proximidades de San Fernando (Cádiz). Construíuse entre 1763 e 1798 no outeiro de Torre Alta, a cargo da mariña española. Durante moitos anos o seu meridiano foi referencia nos mapas náuticos españois. En 1791 comezou a publicar o Almanaque náutico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no S da parroquia de Filgueira de Barranca (Cesuras). O seu cumio acada os 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento situado en lugares adecuados que posúe unhas condicións climáticas determinadas, onde os enfermos son sometidos a un réxime de curación especial ou de convalecencia. Utilizábase sobre todo para designar os centros antituberculosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1955) e catedrático de Oftalmoloxía desde 1963. Fundou e dirixiu o Seminario de Ofatlmología e a revista Studium Ophtalmologicum. Presidiu a Sociedade Oftalmológica de Galicia (1960) e a Sociedad Española de Oftalmología (1991-1995). Publicou, entre outras obras, Retinopatías vasculares (1971), Atlas de retinopatías vasculares (1972), Conjuntivitis (1992). Recibiu o Premio da Sociedad Española de Oftalmología ao mellor traballo científico (1960), a medalla de ouro do Instituto Barraquer, a Medalla Castelao (1996), a medalla de ouro ao mérito sanitario concedida pola Xunta de Galicia (1999), o título de doutor honoris causa pola Universidade de Coimbra (2000) e o Premio Daza Valdés INCI-Universidad Autónoma de Madrid (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi mestre de capela da catedral de Lugo en 1731. Escribiu Carta de grazas a D. Roque de Lázaro y Santistevan (1719) e Respuesta dada al Defensorio Músico de Luis Cirilo González (1730).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Desde 1922 realizou boa parte do seu exercicio profesional en distintos lugares da Mariña e destacou pola súa preocupación por dotar de base científica o seu labor pedagóxico, orientado por criterios decrolyanos e freinetianos. Promoveu a creación da publicación El Pequeño Escolar, que preparaban os mestres da Mariña Oriental durante o curso 1935-1936. No inicio da sublevación militar foi detido polas súas convicións republicanas, estivo encadeado cinco anos e dedicouse logo a distintos traballos, entre eles a docencia privada na cidade de Lugo. Escribiu Uno de tantos: cinco años a la sombra (1986). Foi o personaxe que inspirou o conto de Manuel Rivas “A lingua das bolboretas”, publicado na obra Que me queres amor? e levado ao cine en 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao músculo longo e amplo que une o ilíaco coa tibia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que satisfai.

    2. Que é bo, agradable ou conveniente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor armenio. Nacionalizado italiano, estudou os pintores antigos, especialmente Il Caravaggio. Participou na escola de Montparnesse (1926), e cultivou un realismo fotográfico de cores vivas e un debuxo rigoroso. Escribiu La mia avventura (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Situación de dominio por parte dun poderoso, xeralmente nobre ou gran propietario (señor), sobre un ámbito territorial ou un grupo de poboación que reside nel (servos, vasalos). O señorío persoal significaba o dominio sobre uns homes suxeitos ao señor por vínculos de patrocinio ou encomenda persoal, coa obrigada carga duns obsequios ou unhas prestacións de diversa índole. O dominical ou alodial baseábase na propiedade das terras cultivadas por servos e comportaba numerosos dereitos sobre os seus cultivadores. O xurisdicional, baseado a miúdo no anterior, comportaba o exercicio de certas funcións públicas por parte do seu titular sobre todos os habitantes no ámbito do señorío.

      2. Te-rritorio baixo o dominio ou xurisdición dun señor.

    1. Tratamento honorífico dado a certas persoas pola súa dignidade, cargo ou autoridade.

    2. Condición ou dignidade de señor.

    3. Conxunto de persoas distinguidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sentidos.

    2. Conxunto dos sentidos.

    3. O cerebro considerado como un foco intelectual e centro a onde chegan todas as sensacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da psicofisioloxía que estuda as variables da sensación en función coas do estímulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano. Foi tribuno militar en Hispania (98 a C) e legado durante a Guerra Social (91-88 a C). Como Sulla se opuxo á súa elección para o tribunado e entrou no partido democrático de Mario. Nomeado gobernador da Hispania Citerior polas forzas democráticas (82 a C), foi proscrito por Sulla e tivo que fuxir a Mauritania (81 a C), onde desbaratou ao exército deste. Reclamado polos lusitanos, volveu a Hispania onde chegou a establecer, contra o poder de Italia, un verdadeiro estado romano apoiado na amizade dos pobos ibéricos. Foi asasinado nunha conspiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grande ondulación en forma de sinclinal constituída por unha sucesión de pequenos pregos anticlinais e sinclinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Directorio que depende do directorio principal ou doutro subdirectorio.

    VER O DETALLE DO TERMO