señorío
(
-
s
m
[HIST]
-
Situación de dominio por parte dun poderoso, xeralmente nobre ou gran propietario (señor), sobre un ámbito territorial ou un grupo de poboación que reside nel (servos, vasalos). O señorío persoal significaba o dominio sobre uns homes suxeitos ao señor por vínculos de patrocinio ou encomenda persoal, coa obrigada carga duns obsequios ou unhas prestacións de diversa índole. O dominical ou alodial baseábase na propiedade das terras cultivadas por servos e comportaba numerosos dereitos sobre os seus cultivadores. O xurisdicional, baseado a miúdo no anterior, comportaba o exercicio de certas funcións públicas por parte do seu titular sobre todos os habitantes no ámbito do señorío.
Sinónimos: señoría. -
Te-rritorio baixo o dominio ou xurisdición dun señor.
Sinónimos: señoría.
-
-
s
m
Tratamento honorífico dado a certas persoas pola súa dignidade, cargo ou autoridade.
-
s
m
Condición ou dignidade de señor.
-
s
m
Conxunto de persoas distinguidas.
Refráns
- Cal é o señor, tal mesa pon.
- De grandes señores, grandes favores.
- De grandes señores, moitas veces mesquiños favores.
- Dos señores e do sol canto máis lonxe mellor.
- Eu señora e vós señora ¿quen fregará os pratos e a tixola? Eu señora e vós señora, ¿quen poñerá ao lume a cazola?
- O ser señor non é saber mais éo sabelo ser.
- Señorío sen rendas non dá para a mantenza.
- Ser señor non é saber, é señor sabe-lo ser.
- Ti dona e eu dona ¿quen varrerá a porta?