señoría
señoría
(< señor)
-
s
f
Forma de tratamento honorífico destinada a persoas con certa autoridade.
-
s
f
[HIST]
Maxistratura baseada no poder dunha persoa ou dunha familia que se desenvolveu nas cidades italianas a raíz da crise das institucións comunais. As primeiras apareceron no s XIII, e xeneralizáronse no XIV. O desexo de buscar axuda contra un perigo exterior ou de poñer remedio ás disensións internas levou a diversas cidades como Florencia ou Xénova a dar o señorío a un personaxe poderoso. Outras veces chegou a converterse en vitalicio o cargo de potestade ou o de capitán do pobo, ou ben xurdiu como unha maxistratura paralela ás institucións comunais, que quedaron desprovistas de poder (foi o caso dos Medici, en Florencia).
-
s
f
[HIST]
señorío.