"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

    1. Pór plumas a algo ou a alguén, especialmente como adorno.

      1. Castigar a alguén cubríndolle o corpo cunha substancia, como o unto ou a bra, para logo pegar sobre ela plumas de ave.

      2. Condenar ou sancionar a alguén.

    2. Botar ou mudar as plumas unha ave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte interna do citoplasma da célula, situado ao redor do núcleo, que contén a maior parte das estruturas celulares e que se diferenza do ectoplasma en que presenta unha maior fluidez e granulacións abundantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpúsculo arredondado ou alongado, rico en proteínas, presente no centroplasma das esquizofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa interna do episperma que adoita provir da secundina do primordio seminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á célula ou ao organismo que presenta endopoliploidía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliploidía que se produce por endomitose ou por endorreduplicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reprodución supernumeraria do filamento cromosómico que ten lugar durante a interfase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro rei de Pamplona (824? - 852), fillo de Íñigo Ximénez. Coñecido como Eneco Aritza, estaba emparentado cos Banū-Qasī de Tudela polo segundo matrimonio da súa nai. Loitou contra ‘Abd al Ra ḥ mān II e enfrontouse aos navarros, aliados dos francos, encabezados pola familia dos Velasco. Despois de derrotar nunha emboscada os condes francos enviados por Ludovico Pío, impúxose como soberano independente. Estableceu sólidos vínculos cos señores veciños, mediante os matrimonios das súas fillas, Assona, con Mūsà ibn Fortún e, Nunila, con García Galíndez o Malo, conde de Aragón. Cando enfermou (841), o seu fillo García Iñiguez dirixiu a rexencia e continuou a política de alianzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos enóplidos.

    2. Nematodo da orde dos enóplidos.

    3. Orde de nematodos de cutícula non estriada e a miúdo provista de sedas. Viven en estado libre, case todos no mar e algúns nas augas doces ou no solo. Os xéneros máis comúns son Trichinella e Trichuris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador latino de Constantinopla (1206-1216), fillo de Balduíno V, conde de Hianaut. Participou na Cuarta Cruzada xunto ao seu irmán, o Emperador Balduíno I. Despois da captura de Balduíno polos búlgaros na Batalla de Adrianápolis (1205), converteuse en rexente e en 1206 sucedeuno como emperador. Venceu os búlgaros en Salónica (1207) e liberou os gregos. Reorganizou o territorio e acadou a paz entre gregos e latinos despois de derrotar os bizantinos disidentes do Epiro (1207) e do Imperio de Nicea (1211 e 1214).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • -Hungría e Italia. Firmouse en 1907 e en 1914 transformouse nunha alianza contra Alemaña. Rusia abandonouna trala Revolución Bolxevique e a firma por separado da paz con Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica practicada para restablecer o diámetro normal do intestino cando este sofre estenose. Un caso concreto de aplicación desta técnica sería a piloroplastia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste na utilización dunha mesma palabra ao comezo e ao final de grupos sucesivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte residual do citoplasma que envolve as acósporas dentro do asco. A súa función é a nutrición da ascóspora en desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpúsculo intracelular, refrinxente e rico en proteínas e glicoproteínas, que se localiza nas cianobacterias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bordo lateral e dobrado dos élitros dos coleópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao epíploon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repregamento do peritoneo que vai da parede abdominal posterior ao intestino delgado, de xeito que os une. Contén tecido adiposo e elementos vasculares e linfáticos. Tamén se denomina mesenterio ou omento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos produtos de dous ou máis números multiplicados polo mesmo número.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de vesículas que están en disposición irregular, a miúdo anastomosadas entre elas, que presentan na superficie externa das paredes un gran número de ribosomas. As súas membranas encárganse de deixar pasar e conducir as proteínas que forman os ribosomas. Coñécese tamén co nome de retículo endoplasmático rugoso.

    VER O DETALLE DO TERMO