Eneco I de Pamplona

Eneco I de Pamplona

Primeiro rei de Pamplona (824? - 852), fillo de Íñigo Ximénez. Coñecido como Eneco Aritza, estaba emparentado cos Banū-Qasī de Tudela polo segundo matrimonio da súa nai. Loitou contra ‘Abd al Ra ḥ mān II e enfrontouse aos navarros, aliados dos francos, encabezados pola familia dos Velasco. Despois de derrotar nunha emboscada os condes francos enviados por Ludovico Pío, impúxose como soberano independente. Estableceu sólidos vínculos cos señores veciños, mediante os matrimonios das súas fillas, Assona, con Mūsà ibn Fortún e, Nunila, con García Galíndez o Malo, conde de Aragón. Cando enfermou (841), o seu fillo García Iñiguez dirixiu a rexencia e continuou a política de alianzas.